DUVI

Diario da 鶹

Teresa Portela e David Mascato protagonizaron un coloquio en Ciencias da Educacin e do Deporte

A igualdade no deporte achega ao campus dous olmpicos formados na 鶹

Nunha actividade promovida polo COE

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios
  • Congresos e xornadas
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 26/02/2025

Dous deportistas olmpicos formados nas aulas da 鶹, Teresa Portela, a espaola con maior número de participacins nos Xogos Olmpicos, e o tamén piragüista David Mascato retornaron este mércores Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte para debater sobre as iniciativas necesarias para promover a igualdade no mbito deportivo. Fixérono nunha mesa redonda impulsada polo Comité Olmpico Espaol (COE), como parte do seu Programa de Visibilidade sobre a Igualdade no Deporte, co que busca pr o foco na importancia de que homes e mulleres conten con igualdade de oportunidades, tanto no mbito deportivo, como na vida tras a competicin. Nese senso, unha das cuestins abordadas nesta xornada foi que se ben as mulleres foron maiora na representacin coa que Espaa acudiu s olimpadas de Pars 2024, a súa presenza nos postos directivos das organizacins deportivas continúa sendo minoritaria. 

A necesidade de outorgar unha maior visibilidade s deportistas, os valores e o compromiso que supn competir ao mis alto nivel ou o cambio vital que implica a retirada para as e os deportistas de elite foron algunhas das cuestins abordadas por Portela e Mascato nun coloquio conducido pola directora do Centro de Estudos Olmpicos da 鶹, Mara José Martnez Patio. Previamente, a xornada contou na súa apertura coas intervencins da vicerreitora do campus, Eva Mara Lantarn; o decano de Ciencias da Educacin e do Deporte, Óscar Garca; o director de Mrketing, Sostibilidade e Recursos Humanos do COE, Manuel Parga, e a responsable de Patrocinio Deportivo de Iberdrola, Andrea Snchez. 

“A Universidade desenvolve un papel crucial na transmisin dos valores da igualdade”, salientou Lantarn na apertura dun acto que contaba coa participacin de dous “referentes” neste mbito, como Mascato e Portela, egresados ambos tanto da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte como da de Fisioterapia. Este encontro forma parte conxunto de xornadas que o COE est a promover xunto con Iberdrola en diferentes universidades espaolas, na segunda edicin dun programa de visibilidade que busca achegar aos universitarios e universitarias os resultados do programa de apoderamento dirixido a mulleres deportistas impulsado por estas organizacins. Dirixido, como apuntou Parga, a achegar formacin “a mulleres deportistas ou exdeportistas que queren desenvolver unha carreira na direccin de organizacins deportivas”, esta iniciativa permitiu pr o foco na eiva existente neste mbito, onde “a maiora dos postos da responsabilidade estn ocupados por homes”, como sinalou o representante do COE, que lembrou que a da de hoxe s unha federacin espaola ten unha muller na presidencia. Nesa mesma lia, Snchez destacou a importancia de achegar referentes deportivos femininos s novas xeracins e incidiu no labor de patrocinio que leva a cabo Iberdrola neste mbito, lembrando nese senso que o número de licencias deportivas femininas incrementouse un 40% en Espaa nos últimos anos.

A importancia da visibilidade e das figuras de referencia 

Medalla de prata en Tokio 2021, Teresa Portela converteuse en Pars na primeira muller espaola en ter participado en sete edicins dos Xogos Olmpicos, nos que acadou tamén seis diplomas olmpicos, que se suman s mis de 40 medallas internacionais acadadas nos mis de 20 anos que leva competindo na elite do piragüismo mundial. “Para min é moi importante a visibilidade”, salientou nesta conversa, na que incidiu no valor que ten que as nenas coezan deportistas que lles poidan servir como referentes, xa que “se tes un reto por diante, necesitas a alguén que fixera iso antes para verte capaz”. Neste punto, Portela engadiu que “levamos moitos anos loitando pola igualdade e si que é verdade que vaise vendo melloras, pero anda falta moito”, pondo como exemplo a propia experiencia que est a vivir actualmente como piragüista, nun momento no que “hai equipos nacionais de homes e non de mulleres, que levamos desde outubro sen adestrador”. 

Diploma olmpico en Sidney 2000 e Atenas 2004, na carreira deportiva do canosta David Mascato figuran tamén logros como ter sido campin do mundo júnior ou subcampin do mundo absoluto. Tras a súa retirada, exerceu como adestrador nacional e como fisioterapeuta do equipo olmpico de piragüismo, labores que compaxina coa súa clnica de fisioterapia no Grove, o que motivou que outro dos eixes desta conversa fose a aposta de ambos por compaxinar o deporte coa formacin universitaria e o que isto pode supor tras a retirada. Xunto a estas cuestins, Mascato tamén puxo o foco na necesidade de maior visibilidade ao deporte feminino “e non nos xogos olmpicos”. Nese senso, o piragüista incida no labor que poden xogar neste eido os medios de comunicacin, pondo o foco en cuestins como “a igualdade de resultados, quen sair na portada”.