fft
Ledicia Costas e Manuel Bragado, dous dos baluartes mis recoecidos das letras galegas, visitaron este xoves a Facultade de Filoloxa e Traducin para participar nunha conversa na que se reivindicou o papel de Vigo como “cidade de novela”. Foi un acto pensando e organizado para darlle a benvida ao curso 2022/2023 e, sobre todo, para agradecerlle ao alumnado de novo ingreso ter elixido esta facultade e, esta cidade, como lugar no que levar a cabo os seus estudos universitarios, uns estudos nos que “as letras”, no senso mis amplo da palabra, sern as grandes protagonistas.
O acto arrancou coa presentacin do decano, o catedrtico José Montero, e tras el, contouse coa participacin doutras autoridades que tamén quixeron sumarse a esta actividade de benvida. Fxoo o alcalde da cidade, Abel Caballero; o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacins, Alfonso Lago, e tamén o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. Todos presumiron de vivir nunha auténtica cidade de novela, “capital do sector editorial galego” e berce de escritores tan relevantes como a propia Ledicia Costas, Manuel Bragado, Domingo Villar, Pedro Feijoo ou Manuel Esteban, que fixeron de Vigo un lugar literario, recoecido dentro e fra da fronteira galega.
Do Vigo criminal ao Vigo histrico, pasando polo Vigo obreiro
“Unha das fortalezas que caracterizan esta facultade é o seu pulo na investigacin, na docencia e nas diversas linguas e literaturas que aqu temos como materia”, explicoulles o decano s persoas asistentes, ao tempo que fixo fincapé na dobre vertente, “docente e creadora”, que se d neste centro, destacando nesta lia o feito de poder contar entre o profesorado con nomes de escritores tan prestixiosos como Anxo Angueira, Manuel Forcadela, Rexina Vega ou Gonzalo Navaza, e con investigadores e investigadoras tan prestixiosas como a profesora Helena Cortés, Premio Nacional de Traducin.
A docente do Departamento de Traducin e Lingüstica Iolanda Galanes exerceu de mestra de cerimonias. Ela foi a encargada de moderar a conversa entre Costas e Bragado, pero o seu papel foi moito mis al diso. Arrancou a súa presentacin cunha intervencin na que foi debullando, un a un, os múltiples percorridos literarios que poden realizarse na cidade de Vigo, entre eles: o Vigo criminal, “que tivo no profesor Manuel Forcadela a un dos precursores, pero ao que tamén podemos sumar nomes como Mara Xosé Porteiro”; o Vigo histrico, “aquel de Xavier Quiroga, da época da Segunda Guerra Mundial, e con Fran P. Lorenzo, que nos contou como se xestaron os grandes edificios desta cidade”, o Vigo obreiro de Daro Xohn Cabana ou de Francisco Castro, ou o Vigo querido de Agustn Fernndez Paz, “que, mesmo non sendo de aqu, morou nesta cidade e causou pegada nel”, e o Vigo lugar de editores como Manuel Bragado, Fran Alonso ou Francisco Castro, “que tamén son escritores”. Son s algúns dos percorridos que Galanes puxo sobre a mesa, non os únicos, falou tamén, “como non poda ser doutro xeito”, do roteiro sobre Domingo Villar, de murais con escritoras como protagonistas, ou dos trobadores que cantaron s ondas do mar de Vigo.
Mirada da escritor/a
Que é Vigo para ti? ou Cales son os vosos lugares favoritos? Son algunhas das preguntas as que Costas e Bragado foron respondendo no fo da súa conversa. “Vigo para min é a cidade amada e dgoo porque creo que cada cidade é un estado de nimo e s desde ese estado emocional é posible comprender o tema do que hoxe estamos a falar”, salientou Bragado, quen defendeu tamén que esta é unha cidade portuaria onde todo chega e todo marcha desde o mar. No caso de Costas, que aproveitou este acto para erixirse como “filla adoptiva desta facultade”, definiu Vigo como unha matrioska, formada por moitos lugares que foron concellos independentes, cada un cos seus encantos, desde o casco vello e os seus edificios mis emblemticos, ata o Vigo mis rural.
