DUVI

Diario da 鶹

Composta por obras do artista Mohammed Al-Haj

A exposicin ‘Mapa de evacuacin de Gaza’ amosa no campus a dor e a resiliencia do pobo palestino

Pode visitarse no Paseo da Igualdade ata o 30 de novembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Feiras e exposicins
  • Cultura
DUVI Ourense 30/10/2025

A exposicin Mapa de evacuacin de Gaza, do artista palestino Mohammed Al-Haj, chega ao campus de Ourense co obxectivo de visibilizar o impacto que teen os continuos desprazamentos vividos polo pobo palestino e a súa resilencia. A mostra pode visitarse no Paseo da Igualdade, ao carn do estanque universitario, ata o 30 de novembro.

Cores expresivas e retratos emotivos

O museo de Palestina nos EEUU e Edimburgo cedeu ao campus de Ourense os arquivos dixitais das pezas, que foron impresos sobre lonas que agora poden verse instaladas en mdulos metlicos no citado paseo universitario. A iniciativa, que conta co apoio da Deputacin Provincial de Ourense e a asociacin cultural Radio Liverdade, foi inaugurada este mércores pola tarde-noite por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Alfonso Cid, de Radio Liverdade, contando coa actuacin do coro infantil do campus de Ourense.  

Mapa de evacuacin de Gaza, explican desde a súa organizacin, est composta por unha vintena de obras, pinturas e debuxos, agrupadas en tres series distintas. Foron creadas por Mohammed Al-Haj na propia franxa de Gaza, onde anda segue vivindo. A coleccin deste artista, engaden, “amosa con claridade o impacto humano do desprazamento repetido debido aos mapas de evacuacin en Gaza”. A través de cores expresivas e retratos emotivos, Al-Haj capta o medo, o terror, a ansiedade e a tensin que acompaan as evacuacins forzadas, reflexionando sobre o custo emocional tanto para as persoas desprazadas coma para a sociedade palestina no seu conxunto.

A exposicin “explora a historia do desprazamento en Palestina, establecendo paralelismos entre o pasado e o presente, e convida o público a reflexionar sobre a resiliencia do pobo palestino en medio do conflito continuo. As obras de Al-Haj formulan a pregunta: queda anda esperanza de vida no que resta de Gaza?”. 

Sobre o artista

Mohammed Al-Haj é un artista visual palestino de Gaza, nado en 1982. A súa familia foi desprazada da súa aldea, Kawkaba, durante a limpeza étnica de 1948. A súa obra explora a relacin entre as persoas e a terra, cuestionando o destino do pobo palestino desprazado desde a Nakba de 1948. Na súa arte incorpora smbolos como o kufiya (keffiyeh) e elementos do folclore palestino para tratar temas de exilio e identidade nacional. Actualmente, desprazado e residente no campo de refuxiados de Nuseirat, Al-Haj acadou un amplo recoecemento, consolidando a súa posicin como unha voz destacada na escena artstica gazat.

Al-Haj participou na 59ª Bienal de Venecia en 2022 e foi convidado exposicin Foreigners in Their Homelanden 2024, porén a obra que propuxera foi destruda nun bombardeo. Como consecuencia, a exposicin presentou imaxes das pezas perdidas. A pesar diso, continúa creando arte, includo o seu proxecto mis recente, Abu Keffiyeh (2025), onde reflexiona sobre a fragmentacin e a identidade do pobo palestino en Gaza.