DUVI

Diario da 鶹

Preto do 27% das 660 mozas e mozos participantes foron vtimas de episodios deste tipo

Un estudo da 鶹 sinala a “alta prevalencia” do ciberacoso entre a poboacin adolescente

Desenvolvido polo grupo PS1, ao abeiro da Ctedra de Feminismos 4.0 DEPO-鶹

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Igualdade
  • Աپ
  • ú
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 12/05/2025

Mis do 27% das e dos adolescentes que participaron nun estudo do grupo de investigacin PS1 sobre prevencin da ciberviolencia de xénero foron vtimas de situacins de ciberacoso e preto do 35% presentan risco de padecer condutas de grooming, episodios de acoso sexual a menores baseados no establecemento dunha relacin de confianza a través da rede. Desenvolvido ao abeiro das axudas investigacin da , este traballo contou coa participacin de 666 mozas e mozos de entre 14 e 18 anos e puxo de relevo a “alta prevalencia da cibervitimizacin” entre a poboacin adolescente, segundo sinala o equipo investigador.

Coordinado pola catedrtica da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Francisca Faria, nesta investigacin participaron as e os integrantes do grupo PS1 Mara José Pérez Fabello, Mara José Vzquez Figueiredo, Katia Roln, Manuel Isorna e Santiago Lpez Roel. O seu obxectivo, explican, era “determinar a prevalencia” de situacins tanto de adiccin s redes sociais e internet como de “cibervitimizacin” entre as e os adolescentes “e analizar posibles diferencias” en funcin do xénero, coa idea de “achegar informacin útil para desear estratexias de prevencin no mbito educativo e familiar”. Nese senso, os resultados deste traballo, ‘Prevencin de ciberviolencia de xénero na poboacin adolescente no contexto de Pontevedra’, revelan que “unha porcentaxe considerable” das e dos adolescentes presentan “condutas de risco relacionadas do uso de internet e as redes sociais”, como sntomas de adiccin, un uso excesivo ou “condutas de nomofobia”, medo a estar sen mbil. 

“Este estudo levouse a cabo debido crecente preocupacin polo impacto do uso problemtico de internet e as redes sociais en adolescentes”, destaca Isorna, que lembra que esta é unha “etapa especialmente vulnerable, na que o uso intensivo de contornas dixitais pode derivar en condutas de risco que afectan ao benestar psicolxico e social”. Coa participacin de 369 mozas e 297 mozos de diferentes puntos de Galicia, os datos obtidos “reflicten tendencias importantes”, recoece este investigador, anda que estas non poden extrapolarse ao conxunto de adolescentes galegos, para o que “sera necesario realizar unha mostraxe aleatoria representativa cunha mostra mis ampla e diversa”. Non obstante, os resultados acadados “sinalan varios aspectos importantes e en certa medida preocupantes” e concordan súa vez cos de “investigacins previas noutros contextos, o que indica que o problema é significativo e merece especial atencin”, engade Isorna. 

Mis do 15% presenta risco de adiccin s redes

Levado a cabo en diferentes centros de ensino de Galicia, un total de 666 adolescentes participaron neste estudo, a través da realizacin dunha serie de probas estandarizadas, nas que deban valorar nunha escala unha serie de tems referidos ao seu uso de internet e das redes sociais. Esta avaliacin permitiu detectar que o 15,8% das e dos adolescentes presentaban un “risco de adiccin” s redes, un mbito no que non se atoparon diferencias significativas en funcin do xénero. Estes resultados, sublia Isorna, “suxiren unha falta de control no uso das tecnoloxas dixitais e unha posible interferencia no seu benestar psicolxico e académico”. 

Si se rexistraron diferencias entre mozos e mozas no referido ao consumo de pornografa a través da rede, algo que fixo cando menos unha vez mis do 50% da mostra, posto que en mis do 69% dos casos foran os varns os que accederon a este tipo de contidos.

En termos globais, preto do 91% das e dos participantes comezaron a empregar as redes sociais antes do 14 anos, sendo Instagram e Whatsapp as primeiras plataformas empregadas, nun 42% e o 35% dos casos, respectivamente, por parte das e dos participantes. 

“Alta prevalencia da cibervitimizacin”

No referido s situacins de ciberaocoso, grooming ou sexting, a investigacin permite pr o foco na “alta prevalencia da cibervitimizacin” entre a poboacin adolescente. Mis do 27% das e dos participantes indicaron ter sido vtimas de situacins de ciberacoso, posto que sinalaban ter sufrido accins que implicaban unha intencionalidade, que se daban de xeito repetido no tempo, cando menos unha vez por semana por un perodo de tres ou mis meses. Trtase, recoece Isorna, “dunha cifra preocupante, dada a evidencia cientfica que relaciona esta experiencia con efectos negativos como ansiedade, depresin ou ideacin suicida”. 

As mesmo, preto do 35% das e dos participantes “presentaron condutas de grooming” e o 14,7% afirmaron ter practicado sexting –intercambio de imaxes ou vdeos cun contido sexual explcito-, “o que suxire unha exposicin considerable a riscos asociados ao acoso e a explotacin sexual en contornas dixitais”, engade Isorna. Nos tres casos, trtase de problemticas cunha maior incidencia nas rapazas, o que “pon de manifesto a necesidade de abordar estes riscos desde unha perspectiva de xénero nas estratexias de prevencin e sensibilizacin”. 

Por outra banda, o equipo investigador pon de relevo que os resultados indican tamén “que as crenzas sexistas, tanto hosts como benévolas, estn presentes” na poboacin adolescente, con “diferencias significativas” en funcin de xénero, xa estas teen unha presenza “notablemente mis alta” entre os rapaces. “Estes achados sublian a persistencia de desigualdades de xénero e actitudes discriminatorias, que perpetúan estereotipos nocivos e poden incrementar a exposicin a riscos na contorna online”, sublian.

Os resultados desta investigacin, conclúe Isorna, “sinalan varios aspectos importantes e en certa medida preocupantes”, de tal  xeito que “resaltan a urxencia de desenvolver programas educativos e de intervencin dirixidos a adolescentes, familias e centros escolares”, as como que estes inclúan a perspectiva de xénero.