A mostra pode visitarse ata 16 de maio no pavilln I do campus
O escultor Enrique Conde expn na Sala Alterarte o seu 'Pensamento construdo'
Comisariada polo profesor da 鶹 Xavier Riomao
Desde este xoves e ata o 16 de maio, a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle unha nova mostra. Trtase de Pensamento construdo, do escultor Enrique Conde e comisariada por Xavier Riomao, artista, profesor da 鶹 e coordinador do ciclo expositivo desta sala Reciprocidade. A exposicin foi inaugurada este xoves pola tarde noite nun acto que contou coa participacin, ademais do artista e o comisario, de Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense.
Sentido purista
Na folla de sala da exposicin, o crtico de arte e ensasta Carlos L. Bernrdez explica que as obras de Enrique Conde enmrcanse, como un dos mellores exemplos, no panorama de reformulacin das correntes construtivistas. O escultor, sinala, traballa “nun sentido purista, esencializador, que se explicita con toda rotundidade en obras dunha intensa nitidez nas que se entrecruzan planos de enorme limpeza e que se manifestan como conceptos esenciais, abstractos, no seu sentido de extremo ideal depurativo”.
Tal e como se pode ver en Pensamento construdo, Enrique Conde, apunta Carlos L. Bernrdez, emprega estruturas diversas, sobre todo de madeiras variadas (carballo, eucalipto...), crea pezas cun acentuado monocromatismo, s matizado polos xogos lumnicos que establecen as sombras. “Son obras nas que toma corpo un evidente desexo de integracin das artes, desenvolvido entre o arquitectnico, o pictrico e escultrico. Unha obra ao servizo dun ideal formal absoluto pero que quere ser obxecto de reflexin tamén no plano social”, afirma o crtico de arte.
Un ducia de obras
Pensamento construdo est conformada por unha ducia de obras de Enrique Conde, sendo dúas delas, en formato de mbiles colgantes, expostas por primeira vez. Adaptndose ao espazo da Sala Alterarte, as esculturas dispense en diferentes mesados e de xeito colgante. As pezas, comenta o seu autor, son esculturas abstractas, mostra do seu traballo dentro do construtivismo, e pertencen a diferentes etapas artsticas súas. En todas elas, detalla, “a madeira é a protagonista”, utilizando este material “non como un medio” senn deixando que “ela mesma fale”. A madeira, engade o escultor, “son curvas e tramos rectos” e as pezas expostas “xogan na xeometra das cousas” e cos espazos que delimitan e as sombras que proxectan.
Entre as esculturas expostas est unha realizada con tres rodelas de madeira que encaixan entre elas e forman unha soa peza. Est feita de madeira de araucaria, da rbore plantada en Trasalba polos pais de Otero Pedrayo cando el naceu, que logo un temporal tirou e cuxa madeira, indica Enrique Conde, “parece ser que foi empregada para facer o cadaleito de don Ramn”. Tamén hai en Pensamentos construdos obras talladas con madeira do limoeiro da casa do escultor; obras que evocan o movemento dunha carballeira, a danza dos derviche xiradores ou a cada de Ícaro e obras que falan sobre a música muda e a construcin do coecemento.
