DUVI

Diario da 鶹

Nunhas xornadas que se celebran este martes e mércores no campus

Educacin e Traballo Social achégase aos fitos que marcaron fai cen anos a “revolucin pedagxica”

Abordan o Plan Pedagxico de Vicente Risco e da Liga Internacional pola Educacin Nova

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • é
DUVI Ourense 15/03/2022

A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolle este martes e mércores pola tarde as xornadas O AVE pedagxico: 100 anos que chegou a Ourense. Nelas, o alumnado do centro achegarase a dous fitos que hai cen anos marcaron unha “revolucin pedagxica”, como son o Plan Pedagxico de Vicente Risco e a Ligue Internationale pour L'Éducation Nouvelle (Liga Internacional pola Educacin Nova).

Do contexto internacional ao galego

Estas xornadas, explica Xosé Manuel Cid, decano da facultade organizadora, xorden tendo en conta a importancia que ten a historia da educacin para a formacin das e dos futuros educadores e a falta de contidos relacionadas con ela no currculum. Tendo en conta esta carencia, engade, o centro quixo organizar unha actividade dirixida ao alumnado dos diferentes graos que se imparten nel. “Xa que parece que a pandemia nos d un respiro, non quixemos deixar pasar desapercibidos os centenarios do Plan Pedagxico de Vicente Risco e da Liga Internacional pola Educacin Nova e propuxemos esta actividade para recuperar a memoria histrica deses dous acontecementos”, sinala o decano. O ttulo das xornadas, O AVE pedagxico:100 anos que chegou a Ourense, xoga co evento da chegada este ano do tren de alta velocidade a Ourense. “Quixemos facer unha metfora para evidenciar que a pedagoxa en Ourense xa a a alta velocidade hai cen anos con ese traballo de Vicente Risco e cos principios da Liga Internacional da Educacin Nova, que moitos mestres galegos subscribiron”, comenta Xosé Manuel Cid. A celebracin desta actividade tamén ten en conta, indica o profesor, a publicacin do último número de Sarmiento. Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educacin, da que a 鶹 forma parte, centrado precisamente nas Pegadas e influencias da Ligue Internationale pour L'Éducation Nouvelle no espazo ibérico e brasileiro (1921-2021).

Sobre o Plan Pedagxico de Vicente Risco, Xosé Manuel Cid lembra que “era un plan de galeguizacin das escolas, tanto nun aspecto lingüstico como na introducin de contidos relativos realidade galega”. Risco, indica, era profesor na Escola de Maxisterio de Ourense e nos primeiros números da revista sacou ese plan “que supoa un avance importante na presencia da lingua e da cultura galegas no sistema educativo”. Segundo explica, con este plan “quera pr aos nenos galegos en igualdade de condicins, ademais da propia preservacin da lingua e cultura galega”, xa que, indica, “para os nenos galegos ter que escolarizarse en casteln, sen ningún tipo de valoracin do que tian aprendido fra da escola e da súa lingua, era un atraso”.

Sobre a Liga Internacional pola Educacin Nova, Xosé Manuel Cid, apunta que “foi o movemento que revolucionou a escola”, apostando por “unha pedagoxa que se centrase mis na infancia e na que houbese moito contacto coa realidade exterior, unha pedagoxa moi activa onde o centro da educacin xa non era o mestre e os contidos memorsticos senn a infancia no seu desenvolvemento integral en contacto coa realidade exterior e o medio natural”. Foi, indica, un movemento con revistas e autores moi importantes (como Adolphe Ferrière, Jean Piaget e Maria Montessori) e con “30 principios que traballan todos eses aspectos de didctica, psicoloxa infantil, etc”. Anda que por toda Europa proliferaron escolas novas, que cumpran a maiora deses principios, sinala Xosé Manuel Cid, “aqu, coa ditadura de Primo de Rivera non se avanzou demasiado, anda que moitos mestres, incluso arriscndose a ser sancionados, si que abrazaron un pouco esta pedagoxa. A Segunda República xa foi a súa explosin definitiva”.   

Dous das de programacin

A programacin contempla este martes a celebracin na propia facultade dunha mesa redonda sobre as “adiantadas da nova educacin”, as mestras precursoras en Galicia e Portugal no eido do ensino. Rosa Cid falar sobre a muller e educacin en Ourense nos anos 20 do século XX, tema da súa tese de doutoramento, e Manuel Puga do legado pedagxico da súa avoa, Ernestina Otero Sestelo. Pola súa banda, Daniela Gonçalves explicar a historia da primeira muller a formarse en pedagoxa en Portugal, Maria Amalia Borges Medeiros, e Xosé Manuel Cid sobre as grandes mestras de Ourense no século XX, abranguendo desde Rosa Pons s freinetianas da Baixa Limia.

O mércores, a actividade trasladarase ao edificio Politécnico cunha sesin centrada nos 100 anos da Ligue Internationale pour L'Éducation Nouvelle e do Plan pedagxico de Vicente Risco. Agustn Escolano, catedrtico de Teora e Historia da Educacion da Universidad de Valladolid e director do Centro Internacional de la Cultura Escolar, far para o alumnado presente “unha presentacin panormica de 100 anos de educacin”. Do mesmo xeito, Antn Costa (USC) falar da presenza da nova educacin en Galicia. Por último, Vicente Risco centrar as intervencins de Celia Pereira, que presentar a fundacin que preside, a Fundacin Vicente Risco; de Xosé Fernndez, que falar sobre Risco e a educacin, tema da súa tese de doutoramento, e Isabel Mocio, profesora da 鶹, da actualidade do Plan Pedagxico para a galeguizacin das escolas.