Este cuadrimestre imprtese o obradoiro 'O tempo do corpo'
Danza e mindfullnes para conectar o corpo, a mente e a emocin
18 persoas participan nesta actividade de carcter virtual
“Este obradoiro on-line é unha oportunidade para conectar e equilibrar a relacin corpo-mente-emocin ao tempo que melloramos as capacidades fsicas dende o espazo doméstico”. As se presenta o obradoiro O tempo do corpo, que este cuadrimestre se desenvolve no campus de Ourense no marco da súa programacin de extensin universitaria. 18 persoas participan semanalmente nunha iniciativa que xorde da conexin entre iniciativas de danza e mindfulness que xa contan cunha dilatada traxectoria na actividade cultural deste campus.
O obradoiro, que conta con 20 horas de formacin, est dirixido por Stuart McNicholls, profesor da Facultade de Educacin e Traballo Social que conta con formacin como psiclogo e psicoterapeuta e 20 anos de prcticas de meditacin de diferente tipo. A docencia corre a cargo del e de Nuria Sotelo, intérprete de danza e teatro, creadora, coregrafa, ademais de directora artstica da súa propia compaa. Stuart McNicholls vén desenvolvendo cada curso académico un obradoiro dedicado ao mindfulness, prctica tamén chamada atencin ou conciencia plena. Pola súa banda, Nuria Sotelo participa tamén cada curso académico na docencia da aula de danza do campus. Froito da conexin entre estes dous obradoiros naceu este cuadrimestre O tempo do corpo. “En conversa con Stuart, pareceunos boa idea ofertar un obradoiro conxunto no que poder unir o mindfulness e o traballo fsico consciente”, explica Nuria Sotelo.
Incidencia positiva nas e nos participantes
Na actividade, detalla a coregrafa ourens, “cada sesin é unha viaxe consciente na que se mesturan o estudo da anatoma e ferramentas de ioga, pranayama, danza, release, body weather, butoh e meditacin activa”. O obradoiro, indica, busca a conexin e o equilibrio da relacin corpo-mente-emocin das e dos participantes “a través do estudo e conciencia da estrutura anatmica e sensitiva, o movemento, a atencin e a respiracin”, pondo ademais “de relevancia a palabra e a música como gua e inspiracin para a viaxe”. A formacin desenvlvese desde o pasado 15 de outubro e ata o 3 de decembro de xeito virtual, atendendo s medidas de loita contra a covid-19 e as e os inscritos participan nesta formacin, que ten fundamentalmente un carcter prctico e aplicado, desde os seus propio domicilios.
No confinamento provocado pola pandemia en marzo, comenta Nuria Sotelo, os obradoiros de danza e mindfullness continuaron entn a súa actividade de xeito virtual con bos resultados, permitindo s e aos participantes dar “un tempo conexin, relacin e coecemento do propio corpo dentro do espazo virtual e doméstico”. A pesar de ter que adaptar a actividade ao formato virtual, indica, os obradoiros de entn tiveron “unha incidencia positiva na saúde fsica, mental e emocional das practicantes”, polo que se animaron a continuar este cuadrimestre co desenvolvemento de O tempo do corpo.
A acollida do obradoiro, indican os seus responsables, “ten sido moi boa”, conseguindo unha “moi boa comunicacin cos e coas participantes, abrndose un espazo moi enriquecedor e xenerosos para compartir experiencias e coecementos ao redor do corpo, o movemento e a meditacin”. O perfil das e dos participantes é diverso, tanto en xénero como en idades, abranguendo principalmente a franxa de idade de 30 a 50 anos e con presenza destacada de profesorado e persoas alleas ao mbito educativo. Entre elas e eles estn persoas que xa tian realizado os obradoiros de danza ou de mindfullnes, “persoas interesadas na saúde fsica, a creatividade e o desenvolvemento persoal”.
