DUVI

Diario da 鶹

Desenvlvese do 14 ao 17 de xuo na cidade das Burgas e en diferente puntos da provincia

Un curso achégase historia, a arte e a etnografa de Ourense ao longo do tempo

Coa asistencia de arredor de 40 persoas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cursos
  • Visitas
  • Cultura
DUVI Ourense 15/06/2023

Desde este mércores 14 de xuo e ata o sbado 17 celébrase no campus de Ourense e en diferentes puntos da provincia o curso Ourense no tempo: historia, arte e tradicins. A actividade, de carcter multidisciplinar, permite s persoas inscritas “facer un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte e as tradicins da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos histricos como artsticos e etnogrficos”.  

Con 32 horas de duracin e dirixida polo profesor da Facultade de Historia Xosé Ramn Campos, a iniciativa forma parte da programacin de cursos de extensin universitaria, os chamados cursos de vern, que comezaron a celebrarse esta semana no campus de Ourense organizados pola súa vicerreitora co apoio da Deputacin. “O curso imprtese a modo de xornadas de divulgacin cientfica das investigacins que leva a cabo a comunidade universitaria do Departamento de Historia, Arte e Xeografa con temtica relacionada coa provincia de Ourense, as como as de outros investigadores externos especializados en diversos temas relacionados tamén con esta provincia”.

Os obxectivos da actividade, na que estn inscritas arredor de 40 persoas (principalmente membros da comunidade universitaria), son transmitir o coecemento cientfico xerado polos investigadores e investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar; proporcionar ferramentas e exemplos na utilizacin de diferentes tipos de fontes para a investigacin histrica e arqueolxica e xerar espazos de discusin co alumnado. Tamén quere contribur ao respecto e conservacin dos bens culturais a través do coecemento dos seus significados e valores (en lia coa Axenda 2030) e achegar instrumentos e ferramentas para a elaboracin de discursos de comunicacin e divulgacin igualitarios e inclusivos, tamén en relacin coa Axenda 2030.

Conferencias e visitas

O curso mestura charlas no campus de Ourense con outras realizadas in situ, con percorridos a pé guiados polas beiras do ro Mio, polo centro da cidade de Ourense e por lugares histricos e arqueolxicos das comarcas da Limia (Vilar, Calvos de Randn), Baixa Limia (Aquis Querquennis) e Vern (Monterrei e balnearios). A programacin arrancou o mércores no campus de Ourense, con conferencias de Fermn Pérez Losada sobre as producins agrcolas (pan, vio, aceite) nas comarcas interiores de Galicia en época galaicorromana; de Andrea Mourio sobre a representacin dos traballos das mulleres nos espazos patrimoniais, e de Francisco Javier Pérez sobre os oficios e profesins no Ourense medieval (séculos XII-XV), rematando a xornada cun itinerario polo ro Mio con Miguel Ángel Álvarez. Este xoves, a actividade continuou con intervencins de Ángel Domnguez sobre a organizacin e actividade dos talleres ourensns de pratera na Idade Moderna e de Xosé Ramn Campos sobre a emigracin a Venezuela da provincia de Ourense (1948-1960). Tamén houbo un paseo polo Ourense contemporneo con Domingo Rodrguez Teijeiro e un achegamento historia e arte de Ourense cidade desde o mundo antigo ata os nosos das con Marta Lpez.

O venres a programacin trasladarase a Monterrei e Vern, cunha visita guiada “ao pasado e presente da vila e fortaleza de Monterrei”, s intervencins arqueolxicas neste enclave e aos seus balnearios, contando con Vctor Rodrguez Muiz, Eduardo Breogn Nieto e Carlos Barja. Por último, o sbado a actividade chegar a Porto Quintela (Bande) e Vilar (Calvos de Randn), con visitas ao campamento romano de Aquae Querquennae e igrexa de Santa Comba de Bande, con Santiago Ferrer, e unha sesin con Juan M. Galia sobre traballos tradicionais na aldea ourens de Vilar. A programacin pecharase cun obradoiro de Luca Rodrguez sobre o oficio artesanal de coroceiro no val do Salas.