O festival S8, da Corua, dedica un novo espazo ensinanza do cinema experimental
As creacins do alumnado de Belas Artes proxectaranse na Mostra de Cinema Periférico
Entre este venres 28 de maio e o 6 de xuo, desenvlvese na Corua a décimo segunda edicin da , que nun programa que combina as proxeccins presenciais cunha ampla programacin online estrea un novo espazo dedicado ao ensino académico do cinema experimental, no que é protagonista a Facultade de Belas Artes. Baixo o ttulo de Quen son? Auto-etnografas flmicas de artista, o festival inclúe na súa programacin a proxeccin de seis “pelculas persoais” realizadas polas estudantes da facultade Laura Cid, Marta Gil, Valeria Martnez, Raquel Álvarez, Lili Lago, Claudia Pineda e Tamara Goberna. Filmes nacidos no contexto académico, no marco de materias como Imaxe en movemento e Producin artstica audiovisual, do grao en Belas Artes, ou no taller que cada ano promoven o Festival Novos Cinemas e a Vicerreitora do campus.
Trtase, como informa a organizacin do festival, que a asociacin eSe8 impulsa co apoio do Concello e a Deputacin da Corua, a Xunta de Galicia e o Instituto de la Cinematografa y de las Artes Audiovisuales (ICAA), dun novo espazo dedicado ensinanza do cinema experimental no que podern verse varios traballos producidos desde a facultade, iniciando súa vez “unha conversa entre esta e a Facultade de Belas Artes de Cuenca”. Comisariada pola profesora da facultade Xisela Franco, esta seccin permitir ver, o domingo 6 de xuo s 12.00 horas en Palexco, unha serie de “ensaios flmicos”, xurdidos nun contexto de pandemia, como lembra esta docente e cineasta no texto de presentacin da actividade.
Filmes que nacen da introspeccin en tempos de pandemia
Concretamente, este festival permitir coecer creacins como پDz, de Laura Cid, presentadacomo un “baile de pintura derramada”, ou Eterno retorno, de Marta Gil, “unha mensaxe confesional a un ser querido en tempo de corentena”. Valeria Martnez e Raquel Álvarez, pola súa banda, presentan Nome Feminino Plural, a peza na que afondannos procesos que implica coecer a outra persoa, nacida no obradoiro O ceo a medio facer, impulsado pola Vicerreitora e o Festival Novos Cinemas. Como un “ensaio poético, confesional e meditativo no que a autora explora os seus dilemas persoais en torno ao seu corpo, xénero e sexualidade, para rexeitar os roles de xénero” preséntase No binare, a creacin da alumna Lili Lago; mentres que en El viaje, Claudia Pineda “reflexiona sobre o sentido da viaxe a través dunhas imaxes gravadas pola súa avoa en China en 1988, un ano antes da masacre de Tiananmen”. Por último, esta seccin complétase con ¡Eh, tú! Mala pécora, un “ensaio visceral de xuventude na procura da identidade”, na que Tamara Goberna combina imaxes actuais e da súa infancia.
Deste xeito, esta Mostra de Cinema Periféricoincorpora a súa programacin, integrada por case 130 filmes, a mirada dunha serie de alumnas que, como salienta Franco no texto de presentacin deste espazo, “aproxmanse linguaxe audiovisual dende o plstico, o escultrico ou o performativo” e “entenden o cinema como unha forma de coecemento artstico equiparable fotografa, a instalacin, a performance ou a pintura, disciplina que tamén exploran ao longo da súa carreira universitaria”.
Por outra banda, dúas ex-alumnas da facultade, e forman parte da seccin do festival, tanto na súa parte presencial como virtual, xunto s de Alberto Gracia, Xacio Bao e Eloy Domnguez Serén. De feito, como informou a organizacin, mis al da programacin presencial en sala, o festival contar con especiais monogrficos dedicados a cada un destes cineastas, nos que os seus comentarios se vern complementados polo visionado de traballos previos que permitan pr en contexto os intereses que se atopan detrs das súas obras.
