Nunha xuntanza celebrada este xoves
O Consello de Docencia Clnica ratifica o acordo para a descentralizacin de Medicina
Deber ser aprobado polos consellos de goberno das tres universidades
O Consello para a coordinacin da docencia clnica en Galicia deu este xoves o seu visto e prace ao acordo para a descentralizacin do Grao en Medicina, nunha reunin celebrada na sede da Consellera de Sanidade, en Santiago de Compostela. Baseado no preacordo alcanzado polos reitores das tres universidades públicas galegas e as conselleras de Educacin e Sanidade, este acordo pechouse na reunin do grupo de traballo para a descentralizacin do segundo ciclo de Medicina desenvolvida este luns na 鶹 e que nesta xornada era ratificado polo Consello de Docencia Clnica. Agora, o documento, que prevé completar a descentralizacin do segundo ciclo da titulacin no curso 2028/2029, deber ser trasladado aos consellos de goberno das tres universidades públicas, que debern darlle tamén o seu visto e prace.
A xuntanza contou coa participacin dos conselleiros de Educacin, Ciencia, Universidades e FP, Romn Rodrguez, e de Sanidade, Antonio Gmez Caamao; as como dos reitores das universidades de Vigo, Manuel Reigosa; Santiago de Compostela, Antonio Lpez, e A Corua, Ricardo Cao. Segundo informou a Xunta, todas as partes “coincidiron na necesidade de avanzar na descentralizacin do Grao en Medicina”, o que ven como “a mellor opcin para aproveitar todas as capacidades tanto do Sistema Universitario de Galicia como do Sergas, hora de formar os futuros médicos”.
Descentralizacin progresiva e unidades docentes
O acordo establece un calendario para descentralizacin progresiva da docencia, tanto terica como prctica, de 4º, 5º e 6º curso desta titulacin da USC. Este proceso comezara no curso 2026/2027 coa docencia prctica do quinto curso e toda a docencia de sexto e completarase no curso 2028/2029 coa descentralizacin completa, terica e prctica, dos tres últimos cursos do grao, que pasaran a impartirse por completo nas cidades de Santiago, Vigo e A Corua. Segundo informou o reitor da 鶹, Manuel Reigosa, tras a reunin do grupo de traballo, esta descentralizacin “orbita arredor de unidades docentes, nas que estaremos as tres universidades e precisa que fagamos planificacin do profesorado que fai falla”. Nese senso, o acordo contempla a creacin destas unidades nos hospitais universitarios de Vigo e A Corua, nas que o 50% das novas prazas docentes necesarias sern convocadas pola USC, mentres que o outro 50% corresponderanlle ben 鶹, ben UDC. En cada unha destas unidades, recolle o acordo, “admitirase o 25% do estudantado matriculado no grao de Medicina no curso descentralizado que corresponda”.
Nese senso, o acordo establece tamén que o Sergas e as tres universidades asinarn un concerto único, con anexos para cada unha das universidades, que determinar as institucins sanitarias que quedarn vinculadas a cada universidade para a imparticin dos estudos de Ciencias da Saúde.
Desde o goberno galego destacaron que este acordo “abre a posibilidade” de que as e os profesionais galegos que conten coa acreditacin preceptiva para ocupar prazas de profesorado universitario poidan acceder a prazas vinculadas das universidades “e as contribur decisivamente formacin dos profesionais da Medicina”. Ao mesmo tempo, favorece a participacin na docencia desta titulacin do profesorado da 鶹 e da UDC relacionado coas reas de coecemento propias do grao. Nese senso, tanto Rodrguez como Gmez Caamao celebraron o consenso acadado arredor dun “documento con visin de pas, que beneficia aos estudantes desta titulacin e que abre novas oportunidades para acadar altas cotas de excelencia, tanto nas tres universidades públicas como nos hospitais de Santiago, Vigo e A Corua”, destacaron desde o goberno galego.
