Investigadores da 鶹 participan nun artigo publicado na revista 'Cretaceous Reseach'
Conferas e fentos eran a base da alimentacin dos dinosauros herbvoros na pennsula ibérica no Cretcico Inferior
O estudo identifica a flora que conformaba os ecosistemas continentais de hai 125 millns de anos
Un equipo multidisciplinar e internacional de paleontlogos acaba de publicar un estudo no que dan a coecer o tipo de vexetacin que formaba parte dos ecosistemas ibéricos con dinosauros durante o Barremiense superior, a cuarta idade do Cretcico inferior. Deste xeito, a investigacin, que acaba de ser , permite identificar a flora que conformaba estes ecosistemas hai 125 millns de anos e, polo tanto, determinar que as conferas e os fentos eran a base da alimentacin dos dinosauros herbvoros naquel perodo.
O estudo foi realizado por un equipo de investigadores da 鶹, da Universidad Nacional Autnoma de México (UNAM), da UNED, da Universidade de Bonn e do Museo de Historia Natural de Suecia. O autor principal do artigo é Ivn Rodrguez-Barreiro, que xunto con José Bienvenido Diez, ambos do Departamento de Xeociencias marias e ordenacin do territorio, son os representantes da 鶹 neste proxecto, no que tamén colabora Artai Santos, que realizou o seu doutoramento na universidade olvica pero agora est incorporado Naturhistoriska riksmuseet, en Estocolmo.
Conferas xigantescas e fentos arborescentes
O estudo céntrase nos sedimentos que afloran na comarca de Els Ports, e mis concretamente, na localidade de Morella (Castelln). Esta é unha zona de especial relevancia para a paleontoloxa na pennsula ibérica pola abundancia de restos fsiles de dinosauros que habitaron esta rexin hai uns 125-120 millns de anos, durante o Cretcico Inferior. Non obstante, nas últimas décadas foron moi poucos os traballos que se centraron es investigar sobre a vexetacin que conformara os ecosistemas e, polo tanto, unha parte importante da dieta de dinosauros como Iguanodon ou ѴǰDz.
Este novo traballo presenta unha detallada descricin dos restos palinolxicos dun dos últimos xacementos localizados na Concesin Minera Vega del Moll, que ademais sacou luz un novo, e anda por estudar, exemplar de dinosauro relacionado coa especie Iguanodon bernissartensis. En total, os investigadores puideron documentar un total de 27 xéneros de esporas, poles, algas e dinoflaxelados e, cos datos obtidos, identificar que “as comunidades de plantas que acompaaban as poboacins deste dinosauro estaban dominadas por conferas que podan acadar grandes dimensins”, como o grupo das extintas Cheirolepidiaceae. Ademais, engaden os investigadores, “estaban acompaadas de fentos arborescentes do grupo das ciateceas e outras conferas que acadaron xigantescas alturas pertencentes ao grupo das podocarpceas, actualmente restrinxidas ao hemisferio sur”. Toda esta vexetacin, explican, estara secundada por un denso sotobosque formado por fentos de pequeno tamao e plantas hepticas, entre as que se moveran as poboacins de Iguanodon e outros dinosauros de costumes gregarios.
Coecida a flora deste ecosistema, os investigadores puxeron o foco nos hbitos alimenticios de dinosauros como Iguanodon ou Morelladon, e os resultados obtidos suxiren que tanto as frondes destes dous grupos de fentos como as follas desas conferas poderan estar entre as principais fontes de alimento das poboacins europeas mis meridionais de Iguanodon bernissartensis.
Un ecosistema clido e húmido
Nestes traballo os investigadores tamén estudaron o ambiente sobre o que se depositaron os materiais que deron lugar ao xacemento e discutiron a súa relacin cos ambientes sedimentarios doutras localidades europeas nas que tamén se acharon restos fsiles do dinosauro Iguanodon bernissartensis. En concreto, a evidencia fsil tanto florstica como sedimentolxica indica, segundo os expertos, que o ecosistema nesta rexin peninsular correspondase cun bosque costeiro moi prximo a unha zona deltaica na que as condicins ambientais eran clidas e húmidas.
Finalmente, desta anlise comparativa tamén se puido determinar que esta especie de dinosauro herbvoro, amplamente distribudo pola rexin mis occidental do que actualmente é Europa, presentaba unha ampla plasticidade en canto seleccin de ambientes, o que lle permitiu ser un dos dinosauros cun maior éxito ecolxico dentro das comunidades con dinosauros do Cretcico Inferior europeo.
