DUVI

Diario da 鶹

Evelyn Beltrn desenvolve a primeira tese en cotutela que se leva a cabo no campus

Da Bretaa a Pontevedra para estudar a imaxe dos presidentes colombianos na prensa

No marco do doutoramento en Creatividade e Innovacin Social e Sostible

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 19/12/2023

A defensa de teses en réxime de cotutela permite que estudantes de doutoramento de diferentes pases realicen na 鶹 parte das súas investigacins para finalmente acadar unha mencin como doutores ou doutoras tanto pola súa universidade de orixe como pola institucin viguesa. Esta va, que implica a formalizacin dun convenio entre as dúas entidades, permitiu nos últimos anos que preto dunha vintena de investigadores e investigadoras de México, Brasil, Francia, Bélxica, Portugal, Italia, Tunisia e China desenvolvan tamén as súas teses en diferentes programas da 鶹, como é o caso do , no que Evelyn Beltrn traballa na que ser a primeira tese en cotutela que se leva a cabo no campus pontevedrés. Procedente da Universidade de Rennes 2, na Bretaa francesa, Beltrn Rojas desenvolveu nos últimos meses unha estada na Facultade de dzܲԾ, dirixida a avanzar nunha investigacin centrada na imaxe que a prensa francesa trasladou dos presidentes colombianos ao longo dos últimos 20 anos.

Como recolle o regulamento de estudos de doutoramento da 鶹, para o desenvolvemento dunha tese en réxime de cotutela é preciso a tramitacin dun convenio entre as dúas institucins interesadas, que a tese conte cun director ou directora en cada universidade e que o futuro doutor ou doutora desenvolva unha estada de investigacin mnima de seis meses na 鶹. Como alumna do doutoramento do Campus Crea, Rojas traballou en Pontevedra no desenvolvemento da súa tese baixo a direccin do profesor Alberto Pena. “Analizo en como a prensa francesa presentou a imaxe dos tres últimos presidentes de Colombia, antes de Gustavo Petro”, explica esta investigadora, que busca afondar en como a visin que trasladan os medios dos mandatarios colombianos “xoga un papel importante nas relacins diplomticas entre Francia e Colombia”.

A súa investigacin abrangue os mandatos de Álvaro Uribe, Juan Manuel Santos e Ivn Duque e o estudo das publicacins realizadas durante os seus mandatos por tres diarios con diferente lia editorial, Le Monde, Liberation e Le Figaro. Como sinala, unha parte da súa anlise céntrase en coecer se a imaxe que trasladaron estes medios se corresponde en maior ou menor medida cos “plans de relacins exteriores” dos gobernos colombianos e, con esa idea, o estudo abrangue tanto o anlise dos contidos e temticas de mis de 2000 artigos, como “das estratexias discursivas” empregadas polos diferentes presidentes.

Unha estada que achegou interdisciplinariedade a súa investigacin

Titulada en Linguas Estranxeiras pola colombiana Universidad del Valle e cun mestrado en francofona, plurilingüismo e interculturalidade, Beltrn Rojas desenvolve a súa tese no doutoramento en Lingua, literatura e civilizacins romances da Universidade de Rennes 2, baixo a direccin de Nathalie Ludec. Como explica, este programa permitalle afondar na parte “de anlise do discurso mis sociolxica”, mais o traballo con Pena permitiu “que se abrise outra perspectiva”, centrada na comunicacin e nos estudos sobre a prensa. “Foi unha gua moi valiosa” recoece do traballo que levou a cabo co investigador da facultade pontevedresa e que lle permitiu incorporar esa “interdisciplinariedade” súa investigacin, “que é tamén o obxectivo do doutoramento do Campus Crea”, lembra. Impulsado ao abeiro do proxecto de especializacin do campus pontevedrés, o doutoramento en Creatividade e Innovacin Social e Sostible ten como eixe precisamente o desenvolvemento de investigacins que vinculen cando menos dúas reas de coecemento.  

Neste punto, Beltrn destaca tamén o “enriquecedor” que foi para ela poder participar nas diferentes actividades do programa, ao que se sumou, durante a súa estada en Pontevedra, a posibilidade de presentar a súa investigacin tanto no IV Doctorial da Asociacin Espaola de Աپ en dzܲԾ (AE-IC) como nas Xornadas de Աپ Campus Crea.