DUVI

Diario da 鶹

O profesor emérito Juan Fernando de Laiglesia presenta ‘Postbabel’ no Espazo Nemonon

De Babel ‘cibercidade’, nunha reflexin artstica sobre os asentamentos humanoS

A mostra pode visitarse ata  o 13 de abril

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Pontevedra 18/03/2022

Como “unha reflexin sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura” presenta o artista e profesor emérito da 鶹 Juan Fernando de Laglesia a exposicin que hoxe venres inaugura no Espazo Nemonon. Postbabel. Cidades Lmparas Animales é o ttulo dunha mostra na que o que fora catedrtico do Departamento de Escultura reúne as súas interpretacins de cinco urbes, que abranguen desde o deseo dunha cidade ideal por parte de Leonardo da Vinci a finais do século XV, proposta dunha “cibercidade” do arquitecto ruso Igor Orlov, pasando pola recreacin dunha torre de Babel construda polos asistentes inauguracin desta tarde.

Como explica De Laiglesia, Postbabel é un proxecto concibido para o Espazo Nemonon, o que motivou que decidise centralo na arquitectura e, mis en concreto, nas cidades “como elemento simblico”, a través das súas interpretacins dunha serie de propostas “moi distantes”. As, na exposicin pode atoparse unha recreacin da Citt ideale, deseada por Leonardo da Vinci, como unha “cidade hixiénica que deba construrse en tres niveis comunicados por escaleiras”, que ideou despois de que a peste acabase, en 1484 e 1485, con practicamente a metade da poboacin de Miln. Por outra banda, preséntase tamén unha recreacin da Academia de Lagado, da cidade de Balnivari que Jonathan Swift ideou en As viaxes de Gulliver e “na que haba 500 investigadores que inventaban cousas completamente absurdas”, sinala De Laiglesia. Outra das súas propostas é a recreacin da illa de Utopa, presentada no libro do mesmo nome de Toms Moro como unha comunidade “na que estaba permitida a eutanasia e o divorcio, na que todo o mundo tia dereito a vivenda e na que as persoas tian que traballar na agricultura polo menos durante un tempo”.

A estas tres recreacins súmase a construcin dunha “cibercidade”, que se presenta como unha “alegora do proxecto arquitectnico” co que Egor Orlov obtivo unha mencin de honra en deseo urbano no concurso de edificios futuristas Skyscraper Competition en 2015. “Estiven buscando concursos de arquitectura e atopeime con esta cidade na que se mesturaban o analxico dixital, na que haba incluso unha impresora 3D que faca e desafa habitculos segundo a necesidade”, apunta De Laiglesia, que viu neste proxecto unha idea “diferente e complementaria” s das outras cidades, realizado ademais por un arquitecto ruso nun momento “no que hai outro ruso que se dedica a destrur cidades”. Xunto a estas catro urbes, a exposicin complétase coa construcin dunha torre de Babel, con pezas de madeira nas que aparece gravada "unha das nove letras do alfabeto dos beros", nunha performance aberta ao público participante.

Cidades, animais e lmpadas

Conformada por un total de 22 pezas, a exposicin combina as representacins das cidades cun mural conformado por diferentes paneis e que aluden súa vez a estas recreacins. As mesmo, a mostra reúne tamén unha serie de lmpadas e representacins de animais e formacins vexetais en madeira, que se presentan nos espazo contiguos. “Eu traballei sempre con triadas interconexas”, sinala De Laiglesia, que relaciona nesta mostra tres elementos aparentemente distantes, “pero conectados”, como a idea dos animais “como estrato base da natureza” e a das lmpadas como un elemento “que multiplicou a vida por dous”, ao permitir que as actividades puidesen continuar pola noite, “cambiando a historia da humanidade”.

Este proxecto expositivo completarase súa vez coa publicacin dun catlogo que, xunto con imaxes das pezas e da performance e o texto de presentacin do seu autor, reunir as achegas dos artistas e docentes da Facultade de Belas Artes Juan Loeck, Juan Luis Moraza e Fernando Cass e do experto en teatro e escultura e doutor en Filosofa Jürgen Minsch. Trtase, como lembra De Laiglesia, dos mesmos catro autores que participaron en 1999 no catlogo dunha exposicin que o artista e docente levou a cabo na Galera Sargadelos e que agora se reúnen de novo nunha publicacin que est previsto presentar na xornada de clausura da exposicin, o 13 de abril.