Baixo a coordinacin de Salvador del Ro traballan na montaxe que estrearn na Miteu
A Aula de Teatro do campus une persoas de diferentes idades na preparacin dunha obra
Mantiveron un encontro co vicerreitor Jorge Soto e a concelleira Yoya Blanco
Co obxectivo de recuperar o teatro universitario en Pontevedra e dentro das actividades promovidas pola Vicerreitora do campus e a Concellara de Promocin Econmica e Universidades ao abeiro dun convenio de colaboracin, o pasado mes de novembro iniciaba a súa actividade a Aula de Teatro do campus. Aberta participacin de toda a cidadana, esta iniciativa reúne desde entn un “grupo moi heteroxéneo” de persoas de diferentes idades, como recoece o actor e director teatral Salvador del Ro, responsable dunha aula na que os 20 inscritos e inscritas se inician no mundo do teatro vez que preparan a montaxe teatral que esta primavera levarn escena nas xornadas Miteu que se proxectan levar a cabo na cidade.
As e os participantes nesta actividade, que se desenvolve todas as semanas na Facultade de Belas Artes, mantiveron na tarde deste xoves un encontro co vicerreitor do campus, Jorge Soto, e a concelleira de Promocin Econmica e Universidades, Yoya Blanco, acompaados tamén polo concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Ivn Puentes, e a directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus, Eulalia Agrelo. “Recuperar o teatro no campus era unha teima para ns e fixémolo por todo o alto”, salientou Soto dunha actividade que ten fronte ao responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Ro, e que, lembra, cubriu en poucos das as súas 20 prazas. O vicerreitor lembrou que no ano 1986 “comezou na antiga escola de maxisterio a aula de teatro de Pontevedra”, que se converteu “en parte da historia do teatro universitario de Galicia”. De a que puxese o acento na importancia de que as artes escénicas formasen parte das actividades conxuntas, “coas que seguir proxectndonos na cidade”, que a Vicerreitora e a Concellara puxeron en marcha no primeiro cuadrimestre no marco dun convenio ao que proxectan dar continuidade neste 2022. Nesa mesma lia, Blanco salientou nesta visita a “estreita relacin de traballo, que vai continuar neste 2022, entre a Universidade e o Concello de Pontevedra”, despois de que 2021 “fose un ano moi frutfero grazas a ese novo convenio que asinamos”, que fixo posible a organizacin de preto de 50 actividades, “e que se repetir en 2022”.
Un “grupo heteroxéneo” que se inicia no mundo do teatro
Como explica Del Ro, entre os inscritos e inscritas nesta aula figuran tanto estudantes de varias titulacins, como persoas alleas comunidade universitaria de diferentes idades, dando lugar a un “grupo heteroxéneo” que maioritariamente buscaba “ter un primeiro contacto co teatro”, recoece Del Ro. Dirixida a afondar nas diferentes fases “do proceso de posta en escena dunha montaxe teatral”, partindo “desde cero”, esta actividade formativa combina a realizacin de exercicios preparatorios, coa lectura e comprensin dun texto teatral, a encarnacin de personaxes e o propio proceso de montaxe. “Todos os puntos vanse tocar ao longo de todo o curso”, salienta o responsable desta aula, que nas primeiras sesins puxo o foco nunha serie de exercicios preparatorios para fomentar a capacidade de concentracin, memoria, expresin ou sentido do ritmo e que contriburon “a “facer grupo e tomar consciencia do corpo e do espazo”. Estas actividades, dirixidas a “espertar, o corpo, a voz e a emocin”, como sinala Del Ro, que lembra que “no teatro o primeiro que tes que facer é tomar consciencia do que fas”, vanse combinando coa con “lectura de escenas e anlise de textos e personaxes” e outra serie de exercicios dirixidos a “moverse con soltura no escenario”, nese obxectivo final de dar forma a unha obra. As mesmo, de xeito paralelo preparacin desta montaxe, a aula contar tamén coa participacin de diferentes colaboradores de Teatro de Ningures, que permitirn aos e s asistentes observar de primeira man o proceso de traballo de diferentes oficios vinculados a unha montaxe, “como a escenografa, o vestiario ou a iluminacin”.
O resultado final presentarase na Miteu
Centrada en afondar nas diferentes fases de preparacin dun texto teatral, esta actividade ter como resultado final a montaxe que as e os participantes representarn na Miteu, que est previsto que se celebre en primavera. As mesmo, tamén est previsto que a aula poida presentar o seu traballo nas mostras internacionais de teatro universitario dos campus de Vigo e Ourense. “Representar é unha parte do proceso, o teatro non ten sentido se non ten o interlocutor”, sostén Del Ro, que incide en que, nese obxectivo “de recuperar o teatro universitario como un servizo para toda a cidadana” dunha aula que naceu con vontade de permanecia, buscarase tamén que a obra poida presentarse noutras mostras de teatro universitario fra da 鶹.
