DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

Actuou na Ferrara xunto ao coro sénior do campus de Vigo e a aula de danza da USC

A Aula de ²Ñú²õ¾±³¦²¹ Tradicional segue percorrendo a cidade

O vindeiro luns pecha na alameda o seu ciclo de actuacins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ²Ñú²õ¾±³¦²¹
  • Cultura
DUVI Pontevedra 21/06/2022

Co obxectivo de dar visibilidade na cidade a unha actividade formativa aberta ao conxunto da cidadana e que permite iniciarse ou perfeccionar o manexo de diferentes instrumentos populares, a Aula Permanente de ²Ñú²õ¾±³¦²¹ Tradicional Galega do Campus de Pontevedra decidiu pechar o quinto curso da súa traxectoria cunha serie de actuacins en diferentes prazas da cidade, como a que na tarde deste luns levou a cabo na Ferrara. Ao longo deste mes de xuo, as e os integrantes dos grupos de gaitas e percusin da aula que coordina o músico Suso Vaamonde ofrecen unha serie de actuacins nas que presentan un mesmo repertorio baseado en pezas populares ou procedentes do folclore tradicional, mais que cada semana interpretan xunto a diferentes agrupacins convidadas. 

Despois de presentar na praza da Verdura, o 6 de xuo, un repertorio no que hai lugar tanto para mueiras e foliadas como para adaptacins de tangos ou merengues, semana seguinte actuaron na praza do Teucro xunto co coro sénior do campus de Vigo. Xa este luns 20, a praza da Ferrara foi o escenario do terceiro dos concertos, no que a formacin estivo de novo acompaada polo coro vigués e tamén pola aula de danza da USC, coa que previamente actuaran a pasada semana en Compostela. O ciclo de concertos desta aula, que a Vicerreitora do campus promove coa colaboracin da Concellara de Promocin Econmica e Universidades, péchase o vindeiro luns 27, s 20.30 horas, na alameda, nunha actuacin na que estarn acompaados pola Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde, a Escola de ²Ñú²õ¾±³¦²¹ de Salceda de Caselas, a agrupacin Téquexetéldere, a Escola de ²Ñú²õ¾±³¦²¹ e Baile Tradicional Concello de Outes, a asociacin A Fuliada e a asociacin Hai que roelo.