DUVI

Diario da 鶹

Nunha mostra situada no primeiro andar do Edificio de Ferro

O alumnado do obradoiro de creacin literaria d o paso de expor as súas obras ao público

Inclúe textos de poesa, teatro, narrativa e 'performance'

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 17/03/2021

O alumnado que durante o primeiro cuadrimestre deste curso académico realizou no campus de Ourense o Obradoiro de Escritura Creativa tia como obxectivo conseguir dar o paso de transformar as súas ideas en textos literarios. Acadado este obxectivo e rematado o curso, afrontan agora un segundo reto: expor as súas obras ante o público nunha mostra de traballos que desde este mércores est situada no primeiro andar do Edificio de Ferro.

O obradoiro, de 30 horas de duracin, formou parte da programacin de extensin universitaria que organizou a Vicerreitora do Campus de Ourense con financiamento da Deputacin. O seu obxectivo, lembra a súa coordinadora, a profesora asociada da Área de Lengua Espaola da 鶹 Noelia Estévez Rionegro, foi achegar ao alumnado a escrita creativa a través de persoeiros relevantes da cultura emerxente, como Manuel Cuenya, Nuria Sotelo, Fernando Dacosta e Tamara Andrés. Estes relatores e relatoras trataron de proporcionarlle s persoas asistentes ferramentas e técnicas para a producin de textos propios en distintos xéneros literarios. O perfil das e dos inscritos foi moi variado anda que con predominio de participantes relacionados co ensino, tanto estudantes como profesorado.

Diferentes tipos de texto e técnicas

Como peche ao obradoiro propúxoselle s e aos inscritos interesados realizar unha exposicin de traballo aberta ao público. Finalmente foron 22 as pezas presentadas, repetindo algún e algunha das participantes con varios textos. “Hai moitas contribucins. A verdade é que o alumnado traballou bastante e estivo moi involucrado hora de mandarnos os textos para ser expostos”, comenta Noelia Estévez Rionegro, que sublia ademais “a ilusin que para moitas e moitos dos participantes lles supuxo participar nesta mostra, pois moitos deles era a primeira vez que an expor para o público un texto seu”. Segundo explica a profesora, as pezas, que nalgúns casos son annimas ou asinadas con pseudnimo, abranguen os diferentes tipos de texto traballados no obradoiro: poesa, teatro, narrativa e performance artstica. “A mostra abrangue estas catro modalidades e todos os textos incorporan algunha das técnicas que se aprenderon durante o desenvolvemento do obradoiro”, detalla. As, o público en cada panel exposto pode, ademais de coecer a obra e a súa autora, ver a técnica literaria empregada.

“Lendo os traballos exposto vese que o alumnado sacoulle proveito ao obradoiro, aplicaron nos seus textos moi ben o que lles ensinaron os relatores”, comenta Estévez Rionegro. As e os participantes, lembra, cando iniciaron o curso “comentaron que non eran expertos, como moito escritores afeccionados, e moitos nunca se atreveran a escribir, a presentar ou a ler algo escrito por eles”. Rematada a formacin, engade, “todos manifestaron que aprenderon porque eles podan ter ideas, gaas de escribir, etc. pero sempre hai técnicas novas que se poden aprender e que son as que producen o efectismo, que ao final é un pouco o importante en literatura”. Polos bos resultados acadados e “moi contentos tanto coa exposicin coma co obradoiro”, a responsable da iniciativa sinala como “agardamos poder facer unha segunda edicin deste obradoiro para o curso que vén. Queremos consolidalo porque tivo moi boa acollida e esperta moito a creatividade nos participantes”.