Ourense acolleu este mércores unha nova edicin desta iniciativa
Alumnado, empresas e institucins dialogan na feira EmpregoInCampus
O seu obxectivo é fomentar a empregabilidade do estudantado universitario
Despois de celebrarse a pasada semana no campus de Vigo, a feira EmpregoInCampus, a cita de referencia anual co emprego na 鶹, chegou este mércores a Ourense. No pavilln de deportes universitario, alumnado dos nove centros deste campus, especialmente o dos últimos cursos de grao, de doutoramento e de mestrado, puido coecer de primeira man as oportunidades de desenvolvemento profesional que lles ofrecen arredor de 70 entidades públicas e privadas de diversos sectores e contactar directamente con elas.
Seguindo a dinmica de edicins anteriores, a actividade estivo organizada pola Área de Emprego e Emprendemento da 鶹 co apoio da Vicerreitora do campus de Ourense e das súas escolas e facultades. Contou con arredor de 40 stands, unha ducia de mostradores informativos de institucins e unha zona especfica na que alumnado da Escola Superior de Enxeara Informtica puido realizar entrevistas persoais con arredor de 25 empresas. A feira contou cunha visita institucional que asistiron, entre outras autoridades, Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Natalia Capirrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da 鶹; Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense; Marta Vzquez, directora territorial da Consellera de Emprego, Comercio e Emigracin na provincia de Ourense; Tamara Silva, concelleira, e César Fernndez, vicepresidente segundo da Deputacin.
A listaxe de entidades participantes na feira foi como en edicins anteriores moi diversa e o estudantado puido achegarse a postos de empresas e organizacins de sectores vinculados s diferentes titulacins que se imparten no campus ourensn, desde o tecnolxico e o alimentario ata o xurdico e o turstico. Igualmente participaron institucins como a Xunta de Galicia, a Axencia Tributaria e o Ministerio de Defensa. Tamén houbo un espazo especfico da Área de Emprego e Emprendemento da 鶹 no que o estudantado tia a posibilidade de facer o seu Pasaporte de Emprego, recibir consellos sobre como mellorar o currculo e afrontar entrevistas e mesmo facerse unha foto profesional para o seu curriculum.
Unha boa acollida
Durante o desenvolvemento da feira, Natalia Capirrini destacou que EmpregoInCampus Ourense tivo unha edicin mis “unha acollida fenomenal por parte das empresas e das institucins”, apuntando que a feira cada vez é mis coecida entre elas. A cita celebrada no campus de Vigo, apuntou, bateu o seu récord de afluencia e a expectativa para Ourense era tamén superar as cifras de anos anteriores. Entre as novidades desta edicin, a vicerreitora destacou o uso da plataforma JobTeaser, que non s facilitaba a inscricin senn tamén a interaccin previa do alumnado coas entidades participantes e a xestin de citas coas empresas que mis lle interesaban. Do mesmo xeito, a directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, salientou da feira o interese de que o alumnado non s estableza contacto con empresas moi coecidas publicamente senn tamén que se achegue a empresas moi relevantes nos seus respectivos sectores pero que non teen esa proxeccin pública. Pola súa banda, Francisco Javier Rodrguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, recalcou a importancia desta cita na actividade do campus e a súa utilidade tanto para o alumnado universitario como para as entidades que buscan incorporar talento. Neste senso, o responsable académico puxo en valor as altas taxas de empregabilidade das diferentes titulacins que se imparten nas escolas e facultades ourenss.
Entre as e os estudantes que este mércores se achegaron ao pavilln de deportes a percorrer os diferente stands estiveron, de terceiro curso do Grao de Enxeara Informtica, Emma Romero e Ismael Conde. “A feira est moi ben, hai moita informacin e de cara ao noso futuro est moi ben poder ver as diferentes posibilidades que temos”, comentou Emma Romero. Compartindo esta opinin, Ismael Conde salientou da feira que “é unha forma coecer o mundo laboral” e sinalou como froito da visita a EmpregoInCampus Ourense anda que sempre pensou en enfocarse profesionalmente ao sector privado, agora xa tamén valora a posibilidade de enfocarse cara o sector público.
