DUVI

Diario da 鶹

Nun mercadio organizado pola delegacin de estudantes

O alumnado de Belas Artes recibe a primavera exhibindo as súas creacins

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 24/03/2022

Ilustracins, debuxos ou pequenas publicacins, pero tamén roupa, pendentes, bolsas serigrafiadas, pezas artesanais... Múltiples creacins realizadas polo alumnado de Belas Artes poden contemplarse e adquirirse ao longo deste xoves no mercado de primavera promovido pola delegacin de estudantes da facultade. “É unha maneira de que saibamos o que fai o resto do alumnado, mis al dos traballos para clase”, sinala a membro da delegacin Natalia Brandariz dunha iniciativa que se estende ata as 18.00 horas e que reúne nove postos no patio interior do centro. “Normalmente desde a delegacin facemos diferentes mercados ao longo do curso, que ademais de darlle visibilidade ao alumnado da facultade, son tamén un da para reunirnos un pouco diferente”, engade Brandariz. Con esa idea, esta feira viuse complementada tamén nesta xornada por unha actividade de baile, aberta a todas as persoas interesadas.