DUVI

Diario da 鶹

Divididos nos grupos Rosaura, Cordelia e Ѳٲ

50 persoas participan este curso nas aulas de teatro do campus de Ourense

Cada semana desenvolven a súa actividade nas instalacins universitarias

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 08/11/2022

Arredor de 50 persoas, membros da comunidade universitaria e de fra dela, frmanse este curso académico nas aulas de teatro do campus de Ourense. Estas aulas divdense en tres grupos: Rosaura (nivel 1), aberta s persoas que se inician nas artes escénicas; Cordelia (nivel 2), destinada s que xa teen algo de experiencia, e Ѳٲ (nivel 3), para as que teen coecementos mis avanzados.

A iniciativa forma parte da programacin de extensin universitaria que ofrece a vicerreitora deste campus con financiamento da Deputacin Provincial de Ourense. As aulas estn coordinadas desde a compaa Sarabela Teatro por Fernando Dacosta, que destaca a boa acollida que unha edicin mis teen estas aulas. “En total, entre os tres niveis das aulas, temos 50 persoas inscritas. Houbo que ampliar as prazas do primeiro nivel a 20. Os niveis 2 e 3 teen 15 persoas matriculadas cada un. Haba mis demanda que prazas, pero non se podan coller mis persoas por espazo e para garantir o bo funcionamento das aulas”, sinala. Desde outubro, cada semana os grupos desenvolven a súa actividade nas instalacins do campus de Ourense.

Rosaura

O nivel 1 das aulas teatrais universitarias, chamado Rosaura, desde outubro e ata decembro traballa, con docencia de Flor Figueroa e Sabela Gago, sobre o corpo en movemento, afondando no “corpo para desenvolver as sensacins, as habilidades, as emocins e para permitir que sexa o medio de contacto co que nos rodea e cos demais”. Tras este traballo previo, en xaneiro e febreiro, con Sabela Gago, as e os estudantes continuarn formndose nos recursos para a escena. “Seducir e convencer son capacidades a desenvolver se queremos ser boas e bos comunicadores en escena. En Rosaura traballaremos estas claves como punto de partida para a interpretacin. Os nosos aliados sern a escoita, os impulsos, a relaxacin activa e a improvisacin, entre outros”, sinalan desde a súa organizacin. A actividade desta aula culminar cunha mostra do seu traballo na rúa.

Cordelia

Polo que respecta ao nivel 2, a aula chamada Cordelia, desde outubro e durante este mes de novembro estar formndose sobre o corpo no espazo, con docencia de Sabela Gago. “O espazo desde dentro e desde fra, baleiro ou cheo, real ou imaxinario, ser obxecto do noso traballo; experimentarémolo nas súas diferentes versins para convertelo en espazo dramtico”, indican desde as aulas universitarias. Xa a finais de novembro e durante o mes de decembro o grupo continuar traballando sobre a articulacin e a linguaxe. “Mis al das caractersticas vogais de cada quen, o traballo de voz encamiado actuacin toma como punto de partida a nosa identidade para estirar, modular, ampliar as nosas capacidades, rescatando e pondo en valor todo o potencial que o traballo vaia desvelando”, comentan desde Sarabela Teatro. Trtase, apuntan, dunha formacin destinada “procura da nosa propia voz para poder poela ao servizo da escena nunha partitura que est por escribir”. Ao igual que no caso de Rosaura, o traballo de Cordelia culminar cunha montaxe a redor de textos teatrais que ser representada ante o público coa direccin de Fina Calleja. “Compoeremos xuntos un lenzo no que o noso corpo, a nosa voz, a sintona coas e cos compaeiros na escena tinguirn este proceso de cores e matices como se dunha lente amplificadora se tratase para lanzar a nosa ollada dun mundo que veremos as a través dun caleidoscopio, agardamos que marabilloso”, afirman desde as aulas teatrais universitarias.

Ѳٲ

Por último, est o nivel 3, a aula Ѳٲ. Neste caso arrancou o curso abordando “a palabra en accin” con Fina Calleja, coa idea de que “o corazn da actuacin é precisamente iso: actuar, accionar coa vontade de comunicar calquera cousa que se pretenda. O actor é o vehculo neste acto sagrado de comunicacin que lle outorga a súa carta de natureza, o seu sentido final”. Actualmente, as e os estudantes estn con Sabela Gago afondando en buscar “no texto teatral o porqué da accin dramtica”. A mediados de mes e ata finais de marzo comezarn xa coa preparacin e montaxe dunha obra, que ten como ttulo provisional As cidades agochadas, con dramaturxia de Fernando Dacosta a partir do libro As cidades invisibles, de Italo Calvino. “O emperador quere saber como son as cidades do seu imperio: unha viaxeira cntalle. Mentres o fai, xorden diversas cidades que se entrelazan coa poesa, co ritmo, coa miseria, co desexo, coa invisibilidade, co intercambio, coa memoria, cos signos, coa morte, co humor”, adiantan sobre o argumento da peza, que tamén se estrear ante o público.