DUVI

Diario da 鶹

Púxose o foco nos avances acadados en Espaa e na prevencin da violencia

180 estudantes na III Xornada de igualdade para o alumnado internacional

Testemuos de estudantes de pases como Filipinas, Irn ou Italia enriqueceron o encontro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Diversidade
  • Estudantado
  • Igualdade
  • Internacional
  • Institucional
D. Besado DUVI 21/11/2025

Novembro é o mes no que se celebra o Da internacional contra a violencia de xénero e, arredor desta data, son múltiples as actividades que se organizan en todo o pas, tamén na 鶹, onde este xoves se levou a cabo a III Xornada Igualdade para o estudantado internacional, un encontro no que participaron 180 alumnas e alumnos de diferentes recunchos de todo o mundo que nestes intres completan os seus estudos nalgunha das escolas ou facultades da institucin académica viguesa.

Se ben inicialmente estaba previsto que a xornada se desenvolvese no edificio Miralles, o éxito da convocatoria obrigou a trasladala ao saln de graos da Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo. Déronlles a benvida a vicerreitora de Internacionalizacin, Maribel del Pozo; as directoras das unidades de Igualdade e Diversidade, Yolanda Rodrguez e Raquel Rey;a axente da UFAM, Unidade de Atencin Familia e Muller, de Vigo, Natalia Feijo, e a experta en Igualdade, Brbara Tardn.

Tal e como lles explicou a vicerreitora, a idea desta xornada é amosarlle ao alumnado internacional todos os avances que se fixeron en igualdade en Espaa, tentando fortalecer a conciencia colectiva e dotar s persoas asistentes de ferramentas prcticas para previr e actuar fronte violencia machista no mbito universitario. “Eu sempre lles fago fincapé en que se ben veen a Espaa a estudar as súas respectivas titulacins, parte desta experiencia internacional é tamén aprender os valores do pas no que estn”, indicou Del Pozo, quen se amosou “moi satisfeita” pola éxito da convocatoria.

Testemuos da situacin en Filipinas, Irn, Italia...

Falouse de igualdade e violencia contra as mulleres en Espaa, da conquista dos dereitos, do paso do non é non ao si é si, dos recursos de atencin para as mulleres... e houbo tamén un espazo aberto para preguntas e intervencins. “Ao ter un alumnado tan diverso foi moi enriquecedor, contouse co testemuo de moitas alumnas e alumnos que falaron da situacin nos seus pases, de como ven a loita contra a desigualdade, da situacin en Filipinas ou en Irn, onde a situacin para elas é ben complicada, ou de como en Italia esta temtica xa non est no debate público”, apuntou a vicerreitora.

A través de diferentes dinmicas participativas explicuselles como teen sido en Espaa os cambios lexislativos mis importantes cara a igualdade e na loita contra a violencia. “Desde a UFAM recalcouse que aqu o consentimento é importante, que si non cumpren con algunhas normas cometeran un delito e, no caso das vtimas, que contan co apoio de múltiples servizos”, recalcou del Pozo.