DUVI

Diario da 鶹

Promovidas pola Vicerreitora e a Concellara de Promocin Econmica, tern lugar do 1 ao 3 de decem

Unhas xornadas propoen reflexionar sobre as violencias a partires das artes escénicas

A través das performances e recitais de Esther F. Carrodeguas, Grial Montes e Marta Pérez

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Pontevedra 23/11/2021

Representacin e reflexin combnanse nas I Xornadas Creacin e Pensamento. Violencias escena, un ciclo no que as artes escénicas se combinan con faladoiros dirixidos a pr o foco en problemticas como a violencia machista, a situacin das empregadas do fogar e os prexuzos asociados idea do amor romntico na adolescencia. Promovidas pola Vicerreitora do campus e a Concellara de Promocin Econmica e Universidadesno marco dun convenio de colaboracin, estas xornadas desenvolveranse na Casa das Camps entre o mércores 1 e o venres 3 de decembro e acollern “tres propostas escénicas diferentes con marcado carcter feminino e un fo condutor: a violencia levada escena”, como sinalan desde a organizacin.

De feito, tras as representacins que protagonizarn Esther F. Carrodeguas, Grial Montes e Marta Pérez ter lugar un coloquio centrado nas problemticas abordadas en cada unha das accins, pero tamén en como son abordadas nas pezas e no propio proceso de creacin das obras. “Tomando como punto de referencia problemticas e conflitos actuais, consideramos que as canles artsticas poden ofrecernos unha visin mis poderosa en canto a súa capacidade de seducin e que incluso poden convidar a unha reflexin mis profunda”, sinala a directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus, Eulalia Agrelo,dun ciclo que busca achegar, a través da arte, “outro xeito de mirar cara temas sobre os que é preciso reflexionar e ofrecer propostas de solucin”. De feito, a primeira edicin deste iniciativa ter como eixo as violencias e nomeadamente a violencia machista, coincidindo “cunha data reivindicativa de referencia” como é o 25N, lembra Agrelo. Con entrada libre ata completar aforo, as tres sesins desenvolveranse na sede da Vicerreitora s 20.00 horas, combinando todas elas a representacin cun coloquio sobre a creacin da peza “con diferentes axentes creadores das propias propostas”.

Da violencia machista realidade das empregadas do fogar

As xornadas botarn a andar o vindeiro mércores 1 de decembro coa peza Malcriada, de Esther F. Carrodeguas, que pon o foco na realidade das empregadas do fogar. Acompaada ao piano por Velpister, a autora levar a escena en forma de recital un texto poético que, sinala, “vai construndo un mosaico de relacins que nos permite albiscar a vida das empregadas do fogar”. Tras a súa performance, Carrodeguas protagonizar un coloquio no que estar acompaada por integrantes da Asociacin Xiara de Empregadas do Fogar, “grazas cal naceu o texto e a proposta escénica”.

Ao da seguinte, a actriz Grial Montes interpretar un fragmento do monlogo , da compaa Vaiembora, que se presenta como “unha viaxe para cuestionar os referentes actuais do amor romntico, os celos e a posesin no marco dunha parella adolescente”. Esta peza ten como punto de partida un relato includo na última edicin do libro Invisibles, da xornalista e escritora Montse Fajardo, quen acompaar a Montes e ao director da peza, Diego Chamizo, no coloquio que completar a sesin.

Por último, o ciclo pecharase o venres 3 coa “performance-conferencia” Ǵڲ, da actriz Marta Pérez, que estar acompaada polas creacins audiovisuais e sonoras de Laura Iturralde e Jesús Andrés Tejada. Esta peza nace da montaxe Ǵڲ e as Postsocrticasda compaa Inversa Teatro e, como explican desde a organizacin, “aborda a necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemtica da violencia machista e a súa estrutura: o silencio, a negacin e o efecto espectador”.

Vontade de continuidade

“Todo aquilo que non se ve, non se aborda, e todo aquilo que non se sente, non se buscan canles para poder superalo”, sinala Agrelo con respecto s motivacins dun ciclo que, sinala, “gustaranos que tivese certa continuidade”. O obxectivo, explica, é que tanto a violencia machista como “outros temas de preocupacin ou conflito” poidan ser o eixo das futuras edicins destas Xornadas de Creacin e Pensamento.