DUVI

Diario da 鶹

Nelas farase unha anlise crtica dos discursos machistas

Unhas xornadas abordarn como empregar as narrativas feministas para deconstrur o patriarcado nos medios de comunicacin masivos

A actividade celebrarase este mércores na Facultade de Educacin e Traballo Social

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 12/05/2025

Analizar criticamente como os medios de comunicacin ‘mainstream’ (os mis populares ou dominantes) reproducen e perpetúan discursos patriarcais, as como identificar estratexias feministas para desafialos e transformalos. Este ser o obxectivo dunhas xornadas que se celebrarn o mércores 14 de maio pola tarde na Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense.

A xornada Narrativas feministas: deconstrundo o patriarcado nos medios mainstream, esta organizada por Yolanda Garca, profesora da citada Facultade de Educacin e Traballo Social e membro do Grupo de Investigacin Saúde, Sexualidade e Xénero. Ademais, est apoiada por Sandra Lorenzo (traballadora social, activista feminista e integrante do grupo Feminismos do Colexio Oficial de Traballo Social, que ten traballado nunha rede de mulleres veciais contra os malos tratos atendendo a mulleres en situacin de violencia de xénero) e por Victoria Reinoso (tamén traballadora social que ten participado en El Salvador nun proxecto de abordaxe e prevencin das violencias sexuais e dereitos reprodutivos). A iniciativa ten financiamento da Unidade de Igualdade da 鶹, participando a súa directora, Yolanda Rodrguez, na apertura da xornada.

Da teora prctica

A programacin, que se desenvolver no saln de graos do Edificio de Ferro, arrancar cunha conferencia titulada O viés patriarcal nos medios de comunicacin, a cargo de Charo Lopes, xornalista especializada en proxectos culturais con perspectiva feminista, licenciada en Xornalismo e cun Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade. Seguiralle a actividade central da xornada, un obradoiro-taller de narrativas feministas. “Este obradoiro busca xerar un espazo de reflexin crtica para que o alumnado universitario analice e sexa consciente de como os medios representan a imaxe feminina, as como a violencia machista e todos os fenmenos que xiran arredor dela, tales como a violencia institucional, o movemento feminista e as respostas patriarcais”, afirma a súa responsable.

Ao longo da sesin, as persoas asistentes analizarn “como os medios contribúen creacin e perpetuacin de discursos patriarcais”. Para iso, a actividade adoptar “un enfoque participativo, de coidados e feminista, promovendo a revisin crtica individual e o debate colectivo sobre as realidades cotis que aparecen nos contidos 'mainstream' e que consumimos diariamente”. A sesin distingue tres actividades, unha primeira de achegamento violencia e feminismo nos medios de comunicacin; unha segunda de debate sobre como desafiar os discursos machistas e a creacin dun tweet/post feminista e unha terceira que consiste nunha accin colectiva titulada Manifesto feminista universitario.

Sen inscricin previa, a actividade, de balde, est especialmente dirixida participacin de alumnado dos diferentes graos que se imparten na Facultade de Educacin e Traballo Social (Educacin Social, Traballo Social, Educacin Infantil e Educacin Primaria) pero tamén est aberto ao alumnado doutros graos e demais persoas interesadas na temtica proposta.