DUVI

Diario da 鶹

Xornada de benvida 2022/2023 no campus de Vigo

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
D. Besado DUVI 07/09/2022

Centos de estudantes de diferentes escolas e facultades participaron este mércores no campus de Vigo nas Xornadas de Benvida para o alumnado de novo ingreso, unha actividade que xa pasou por Pontevedra e Ourense e que en Vigo, por mor da choiva, se levou a cabo no pavilln universitario no canto de na praza Miralles. “O ambiente na feira é fantstico, a xente est moi animada e é moi participativa”, explicou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, quen fixo fincapé en que as xornadas se organizan cun dobre obxectivo, por unha banda, que as novas alumnas e alumnos coezan os diferentes servizos da Universidade “desde bolsas, deportes, emprego, linguas, biblioteca, cultura…. que se fagan unha idea de todo o que teen ao seu dispor para que logo poidan seleccionar aquelas cousas que mis lle interesen”. Por outra banda, búscase tamén fomentar a vida universitaria entre o alumnado dos distintos centros, “que se mesturen uns con outros, que coezan as diferentes asociacins de estudantes, o resto de delegacins… en definitiva, que fagan vida universitaria”, recalcou Caparrini.

“Reúne nun único lugar un montn de cousas”

Sara Ojea, de Enfermara, e Aroa Blanco, de Qumica, son dúas das alumnas que se animaron a achegarse s xornadas. Pasaron polos diferentes postos, recolleron axendas, bolsas, folletos... “Estamos anda situndonos, son moitos compaeiros os que que hai que coecer, un montn de cousas novas, non estamos acostumadas a tanta xente”, explica Blanco, quen agradece unha actividade que “reúne nun único lugar un montn de cousas”. Procedentes de Salvaterra de Mio e Ponteareas, ambas viven no domicilio familiar e estes primeiros das de clase parecéronlle “moi interesantes”, anda que admiten que tamén teen moitas incertezas, sobre todo “polos exames e a avaliacin”.

Eduardo Pereiro, estudante de Enxeara en Tecnoloxas Industriais, acudiu s xornadas acompaado polo seu irm, quen xa coeca o campus. “Empezo a carreira con moitsima ilusin, co desexo de que me guste e de que poida desenvolverme toda a mia vida nisto”, explicou o alumno, quen estaba “encantado” coa cantidade de xente que atopou no pavilln.

Escaparate ideal para as asociacins de estudantes

Ademais dos diferentes servizos universitarios, as xornadas contaron tamén coa participacin de numerosas asociacins de estudantes que encontraron na feira un lugar ideal no que darse a coecer entre o novo alumnado. “Os estudantes amosan un montn de interese e o noso satélite resúltalles un tema moi curioso”, explica Manuel Diz, de 鶹 SpaceLab, quen salienta que “tras dous anos sen poderse facer este tipo de actividades ntase que haba moitas gaas”.

Martn Blanco, da Asociacin de Debate Retrica 鶹, amosouse tamén sorprendido da cantidade de estudantes que se achegaron ata o pavilln. “Estamos encantados de que vean tantas persoas”, apunta Blanco, que fai fincapé na oportunidade que supn para eles darse a coecer entre o novo alumnado das diferentes escolas e facultades. “Ns somos unha asociacin de estudantes de todo tipo de disciplinas académicas, desde enxearas, ata Dereito, Ciencias Econmicas... interesados en mellorar as súas habilidades en oratoria a través do mundo do debate”, recalca o alumno, quen sinala que no posto explcanlle aos participantes que se reúnen un par de veces por semana e como deben facer para prse en contacto con eles.

Entre os diferentes servizos universitarios con posto na feira contouse con postos da Área de Benestar, Saúde e Deporte, a Unidade de Igualdade, a Área de Normalizacin Lingüstica, a Oficina de Relacins Internacionais, Biblioteca ou a Área de Cultura.