DUVI

Diario da 鶹

Organizada polo Consello Social e a Xerencia, celebrouse este xoves no edificio Ernestina Otero

Unha xornada achega ao persoal ferramentas para a prevencin da fraude e dos conflitos de interese

A actividade estaba especialmente orientada s persoas que traballan con expedientes dos fondos PRT

Tags
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Calidade
  • HR
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 29/02/2024

Un nutrido grupo de xefas e xefes de servizo de responsables do eido econmico da 鶹 participaron este xoves nunha xornada formativa sobre prevencin da fraude e dos conflitos de interese. A actividade, organizada polo Consello Social e a Xerencia, enmrcase dentro das esixencias do Plan de recuperacin, transformacin e resiliencia (PRTR) s entidades que asumen a responsabilidade de executar os fondos. Deste xeito, anda que actividade era aberta, estaba especialmente orientada ao persoal que traballa con expedientes dos fondos PRTR.

Como explican dende o Consello Social e a Xerencia, no marco do Plan de recuperacin, transformacin e resiliencia, ditouse unha normativa na que se inclúe a orientacin detallada sobre medidas de prevencin, deteccin e correccin da fraude, a corrupcin e o conflito de intereses. Esta normativa establece que as entidades que asumen a responsabilidade de executar os fondos deben determinar as medidas de prevencin e de deteccin de fraude, corrupcin e conflito de intereses. No caso da 鶹, unha das medidas propostas é esta accin cuxo obxectivo era que todas as persoas participantes “adquirisen conciencia sobre a necesidade de loitar contra a fraude, a corrupcin, os conflitos de intereses e o dobre financiamento, ademais de adquirir habilidades para identificar e responder aos presuntos casos nos que se materialicen os citados riscos e que haxa unha transferencia de coecementos a través de compartir experiencias”.

Cumprimento normativo e ética

A xornada arrancou da man de Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da 鶹 e de Yolanda Lesmes, xerenta da institucin académica. Ambos fixeron fincapé na importancia deste tipo de actividades formativas e agradeceron a alta asistencia xornada porque “necesitamos profesionais expertos e con formacin especfica para transmitir que hai unha altura corporativa, normas e valores e unha reputacin que defender, sen esquecer que a ética é das persoas, non das organizacins”, como recalcaba Pedrosa. A xerenta tamén agradeceu a boa acollida da xornada, “respondestes a este chamamento de forma masiva e iso deixa ver a implicacin que tedes co traballo e coas necesidades afondar nos coecementos”.

O presidente do Consello Social, impulsor da actividade, lembrou que, segundo a LOSU, é competencia dos Consellos Sociais “velar polo cumprimento dos principios éticos e de integridade académica as como da directrices antifraude” e, fixo fincapé en que “a cultura da compliance (cumprimento normativo) nas universidade públicas precisa de incentivos” e, por iso, xurde a necesidade de planificar formacins peridicas coma esta. En concreto, a xornada estaba dirixida principalmente a responsables universitarios, xestores, persoal directivo e cadros técnicos, co obxectivo de que adquiran capacitacin para identificar e responder ante os casos nos que se materialicen estes riscos, ademais de unificar criterios e compartir experiencias. “Temos que transmitir que a ética é a mellor ferramenta para comportarnos conforme a dereito. Evitar o delito, si, pero aspirando a algo mis”, subliaba Pedrosa. Neste sentido, a xerenta engada que a xornada representa “unha oportunidade de afondar en temas que nos preocupan a todos en relacin co antifraude, sobre todo nestes momentos, pola xustificacin dos fondos do Mecanismo de Recuperacin e Resiliencia, pero vai moito mis al do que é a normativa e engarza co ben facer e coa ética”.

Un relatorio e un obradoiro

Tras a apertura arrancou a conferencia sobre o escenario normativo dos plans antifraude para entidades executoras de fondos PRTR e as reas de risco e bandeiras vermellas na xestin econmica universitaria. O encargado de impartila foi Antonio Arias, ex-sndico de contas do Principado de Asturias e membro do Consello Social da Universidade de Oviedo. Despois dunha pausa, as e os asistentes participaron nun obradoiro sobre casos prcticos de conflitos de interese coordinado por José Ramn Chaves, maxistrado especialista do contencioso-administrativo no TSJ de Asturias.