DUVI

Diario da 鶹

A actividade celebrouse este luns na Facultade de Educacin e Traballo Social

Unha xornada aborda a pornografa, a prostitucin e os ventres de aluguer como formas de violencia contra as mulleres

Nela incidiuse na súa expansin a través das novas tecnoloxas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Igualdade
  • é
DUVI Ourense 16/10/2023

A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este luns a xornada Pornografa, prostitucin e ventres de aluguer. Novas ou vellas alianzas do patriarcado co capitalismo neoliberal?, organizada polas profesoras deste centro e investigadoras do grupo Saúde, Sexualidade e Xénero (PT1) Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez. O obxectivo da actividade, que contou con financiamento da Unidade de Igualdade da 鶹, foi, segundo explicaron as súas promotoras, "identificar as vellas e as novas formas nas que as sociedades patriarcais en conivencia co modelo capitalista neoliberal violentan, mercantilizan e explotan os corpos das mulleres".

A inauguracin da cita contou coa participacin de Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, e as coordinadas da xornada Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez. A programacin arrancou cunha conferencia sobre Pornografa e violencia sexual. O impacto da pornografa nas actitudes e conductas de agresin sexual, a cargo de Llus Ballester, do Departamento de Pedagoxa e Didcticas Especficas da Universitat de les Illes Balears. Continuou coa participacin da directora de cine Mabel Lozano, que abordou a temtica das xornadas a través da súa serie documental sobre a industria pornogrfica PornoXplotacion e do seu novo documental Ava, sobre escravitude sexual. Para rematar, xa pola tarde, a programacin incluu unha intervencin de Paula Fraga, avogada penalista e de familia especialista en proteccin infancia.

Conciencia crtica

Con estas xornadas, comentaron as súas responsables, “queremos que o noso alumnado reflexione sobre unha realidade que implica unha violencia brutal contra as mulleres a través do uso sexual (pornografa e prostitucin) e reprodutivo (ventres de aluguer) dos seus corpos”. Estas tres problemticas, indicaron, lonxe de minorar “estase agravando debido s novas tecnoloxas” que, apuntaron, “estn permitindo que se exponencie a cantidade e os tipos de violencia que se exercen contra as mulleres” e fomentan “a desinformacin”. As investigadoras denunciaron que nesta desinformacin, a prostitucin e a pornografa “son temas que se estn naturalizando, normalizando, como se fosen algo que forman parte da nosa sociedade” e xustifcanse apelando libre eleccin das mulleres “cando en realidade son un exercicio da violencia sobre o corpo das mulleres para satisfacer os desexos dos homes, que entenden que teen dereito a que os seus desexos se materialicen. Non é unha relacin nun plano de equidade”.

Neste senso, na xornada incidiuse en visibilizar como “o patriarcado nútrese do capitalismo neoliberal para difundir estas violencias, moitas delas enmascaradas, intentado vendernos estas vellas e novas formas de violencia como unha falsa liberdade sexual na que ti elixes”. Contra estes discursos, desde a organizacin da actividade fixeron fincapé na necesidade de que se contrarresten “cunha axeitada informacin e educacin sexual integral no noso sistema educativo e nas nosas institucins”.  Por este motivo, animaron ao alumnado presente, futuras e futuros educadores, a ter conciencia crtica e contribur a “erradicar a desigualdade”.