DUVI

Diario da 鶹

A exposicin presenta no Ateneo de Marn as creacins de seis artistas formadas nesta facultade

‘Voilà la Femme’ reúne seis reflexins sobre cuestins de xénero forxadas en Belas Artes

Trtase da edicin número 27 dunha mostra que protagonizan cada ano alumnas e egresadas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 12/01/2021

Achegarse “ arte de seis mulleres, que desde múltiples linguaxes” formulan nos seus proxectos unha reflexin “en torno a cuestins sociais e de xénero diversas”. Isto é, segundo destaca a súa comisaria, Celeste Garrido, o que propn a XXVII edicin da exposicin colectiva Voilàla Femme, que desde este martes pode visitarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marn. Seis alumnas e egresadas, Beatriz Fernandes, Luca Otero, Tamara Vzquez, Uxa Pérez, Ana Snchez e Cristina Chiarroni, son as protagonistas desta mostra, inicialmente programada para o pasado mes de marzo, coincidindo co Da Internacional da Muller, e que a covid-19 obrigou a adiar.

A situacin sanitaria, de feito, motivou tamén que na tarde deste luns Voilà la Femme vivise unha “inauguracin inusual”, como recoece Garrido, unha artista tamén formada na facultadee colaboradora do grupo de investigacin ES2. Artistas, comisaria e representantes do Ateneo e do Concello de Marn participaron na apertura sen público desta exposicin colectiva, que reúne pezas en vdeo, instalacins, traballos de fotografa e ilustracins e que poder visitarse ata o 31 de xaneiro .

Impulsada na década de 1990 polo catedrtico de Belas ArtesAntn Castroe o artista Antn Sobral, a exposicin que deu nome a tamén catedrtica desta facultade e codirectora do grupo ES2, Yolanda Herranz, naceu co obxectivo de dar visibilidade “moi descompensada relacin” entre o número de alumnas que se formaban na facultade e “a presenza das artistas mulleres nas exposicins colectivas”, como explica Garrido. Preto de tres décadas despois, apunta, “mis de 200 artistas”, boa parte delas formadas na facultade, teen protagonizado as diferentes edicins dunha mostra colectiva que, como destaca a súa coordinadora, converteuse na exposicin de mulleres artistas “con maior percorrido” de Espaa.

Seis reflexins a través de diferentes disciplinas

Entre as propostas seleccionadas para esta mostra colectiva figuran pezas como El silencio [ya] no existe, da graduada en Belas Artes e alumna do mster en Deseo e Direccin Creativa en Moda Bea Fernandes, unha peza que forma parte dun proxecto audiovisual, 3652, que presenta como “un atorretrato a través da viaxe no tempo da memoria, os recordos e o espazo que estes habitan”, sustentado en dúas experiencias vitais da propia artista, a relacin coa súa nai e o padecemento dunha enfermidade. Tamén egresada da facultade e alumna do Mster en Direccin de Arte en Publicidade, Luca Otero suma a esta mostra O espazo do fogar, un conxunto de fotografas que retratan “a realidade mis prxima; a familia e a súa contorna, os obxectos e espazos, o baleiro...”, coas que busca achegar unha visin “non costumista” do rural, “que poida contribur ruptura de estereotipos”.

O cotin e o doméstico, xunto coa intimidade, o corpo e a memoria, son os eixos das creacins s que a graduada Cristina Chiarroni deu forma a partires das lembranzas da súa casa natal e que presentanunha exposicin na que a tamén egresada Tamara Vzquez reflexionasobre “a vida coti das mulleres da limpeza”, nunha obra que parte da súa propia experiencia como filla dunha destas traballadoras. Na súa instalacin, a artista pon o foco tanto no “abandono laboral” que padece este colectivo como no “desprezo que reciben socialmente por un traballo moi mal pagado”. Uxa A. Pérez, pola súa banda, fai uso da “pintura estendida” e do uso de materiais como a madeira ou o ltex para achegar o espectador ao “dilogo entre o tacto e a imposibilidade de tocar ou ser tocado”, nunha reflexin sobre “a identidade do suxeito e os lmites entre o propio e o alleo”. Por último, Voilà la Femme complétase coas ilustracins que Ana Snchez realizou a partires de “escenas ou personaxes de pelculas ou series que lle resultan evocadoras”, como explica Garrido, integrantedo colectivo Portal de Igualdad, que buscar dar visibilidade s mulleres artistas.