DUVI

Diario da 鶹

Con once proxeccins nas tardes dos venres, entre este 25 de marzo e o 10 de xuo

A Vicerreitora dedica un ciclo de cine a dar visibilidade ao papel da muller nesta industria

Centrado tanto no labor de directoras ou actrices como na abordaxe da figura femininas nas tramas

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cine
  • Cultura
  • Igualdade
  • Cultura
DUVI Pontevedra 21/03/2022

Reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou unha “suposta feminindade” son dous dos obxectivos do novo ciclo de cine da Vicerreitora do campus. Baixo o ttulo de Subordinadas, coordinadas, xustapostas, esta actividade busca tamén por de relevo s achegas de numerosas profesionais a esta industria a través das once proxeccins que, entre este 25 de marzo e o 10 de xuo, a sede de Vicerreitora acoller nas tardes dos venres. Con entrada libre ata completar aforo, a actividade arranca esta semana coa proxeccin de Mildred Pierce, un filme dirixido por Michel Curtiz e protagonizado por Joan Crawford.

“Cremos que o relato oficial, parcial e sempre interesado, da historia do cinema carece daqueles captulos que evidencien a importancia do traballo desenvolvido polas mulleres ao longo de 126 anos”, sublia o programador Suso Novs, coordinador dunha actividade na que as proxeccins, programadas para as 19.00 horas, completaranse cun coloquio. “No sistema industrial, a muller sempre tivo un peso innegable, o problema é que iso se recoecese”, salienta o tamén codirector do festival Novos Cinemas, que incide neste aspecto na “complexidade” que tivo e ten o acceso destas profesionais “s tarefas de direccin”, nunha industria na que, sostén, “as súas indispensables achegas foron opacadas por unha estrutura netamente patriarcal”. Nese senso, o propsito deste ciclo é pr o foco no traballo de directoras, guionistas ou actrices, pero tamén afondar en como a industria cinematogrfica abordou ao longo da súa historia o “concepto de feminidade”, a través dunha escolma de filmes de diferentes épocas, na que conviven as mesmo pezas “de cinema clsico e de mis fcil acceso” con obras “moi escondidas”.

Once citas nas tardes dos venres

O ciclo d comezo este venres con Mildred Pierce (1945), un filme dirixido por Michel Curtiz, “que reflotou a carreira de Joan Crawford, que gaou o Oscar mellor actriz”, por a súa interpretacin dunha “nai loitadora que intenta desenvolver un rol independente nun mundo de homes”, salienta Nvas. Á semana seguinte, proxectarase Brave (2012), “unha xoia da animacin” dirixida por Brenda Chapman, Mark Andrews e Steve Purcell, cunha trama que pon o foco no “empoderamento feminino”. O 8 de abril poder verse Alicia xa non vive aqu (1974), de Martin Scorsese, “un drama de superacin que reivindica sobre todo s actrices dos anos 70”, mentres que o venres 22 poder verse Pars 1900 (1947), de Nicole Vedrès. Programada grazas colaboracin do Instituto Francés do Cinema, trtase “dunha pelcula documental, que radiografa a historia parisina a través da recuperacin de imaxes de arquivo e dun guin no que o pensamento poético e a historia van da man”. Á semana seguinte, o venres 29, poder verse Que o ceo a xulgue (1945), de John M. Stahl, un “clsico do cine negro” que proxecta “o reverso feminino”, apunta Novs, do personaxe shakesperiano de Otelo.

Xa en maio, Subordinadas, coordinadas, xustapostas continúa o venres 6 coa longametraxe alem Nove vidas ten o gato (1968), de Ula Stöckl, “unha pelcula moi escondida dunha cineasta militante”, que Nvas defende como un filme “capital para entender a reivindicacin da muller na década de 1960”. Á semana seguinte poder verse Non son ningún anxo (1933), de Wesley Ruggles, nunha sesin dirixida a reivindicar figura de Mae West, que ademais de ser a protagonista “foi tamén a responsable do guin e tivo bastante control de toda a producin da pelcula”, sinala o coordinador do ciclo. A continuacin, o venres 20 exhibirase o filme britnico Unha xove prometedora (2020), “unha das pelculas do movemento Me Too”, pola que a súa guionista e directora, Emeral Fennell, foi recoecida co Oscar ao mellor guin orixinal. Por último, maio pecharase do western O rastro da pantera (1954), de William A. Wellman, “un melodrama familiar onde o personaxe negativo é a figura da nai, que ‘devora’ os seus fillos”, explica. 

Por último, a programacin completarase con dúas proxeccins o 3 de 10 de xuo. A primeira estar centrada en Aceiro azul (1990), de Kathryn Bigelow, “un filme policaco dirixido por unha muller e protagonizado por unha muller, Jamie Lee Curtis, onde se cuestionan moitos roles”. A última sesin estar dedicada a Harold e Maude (1971), unha longametraxe de Hal Ashby, coa que se busca afondar na idea argumental da “muller curadora”, as como pr de relevo o traballo da súa actriz protagonista, Ruth Gordon.