Rueda e Reigosa gabaron as súas achegas institucins e o labor do seu presidente
A 鶹 recoécelle ao Consello Social o seu papel de ponte coa sociedade ao longo de 30 anos
“Seguir sendo o mellor aliado da Universidade”, asegurou Pedrosa
Coa presenza no saln de actos da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais dunha destacada representacin de persoas que ao longo dos anos estiveron ou estn vencelladas a el; e coa lembranza doutras que xa non estn, pero foron fundamentais na súa posta en marcha en desenvolvemento, o Consello Social reciba nas últimas horas a homenaxe da 鶹. O reitor en funcins, Manuel Reigosa, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, coincidiron en destacar o papel de “ponte” que durante tres décadas desempeou o Consello Social entre a institucin académica e a sociedade, as como “talento, talante e compromiso” do seu presidente, Ernesto Pedrosa.
Arroupado por familiares e amigos, Pedrosa recibiu unha placa e un diploma en recoecemento o seu labor fronte, durante os últimos 15 anos, do Consello Social da 鶹, un xesto que agradeceu, ao tempo que comprometeu o apoio do rgano colexiado institucin académica “para que a 鶹 continúe sendo de gran transcendencia para o futuro da nosa terra”, dixo.
Constitudo o 20 de xullo de 1995, o Consello Social da 鶹 comezou a desempear a partir dese momento as funcins, que desde a creacin da institucin académica viguesa en 1989, realizaba o Consello Econmico e Social. Sera a partir da aprobacin dos seus Estatutos, de acordo coa LOSUG, que a 鶹 pasa a contar cun Consello Social, que entre os anos 1996 a 2003 presidiu o notario vigués e presidente do Consello da Cultura Galega e da editorial Galaxia, Alfonso Zulueta de Haz, a quen sucedera o avogado ourensn Emilio Atrio Abad, entre os anos 2003 e 2011, momento no que Ernesto Pedrosa accedera presidencia do rgano colexiado. Unha trintena de membros en representacin da propia Universidade; nomeados polo Parlamento de Galicia e a Xunta; representantes de concellos nos que se localizan o campus, das organizacins empresariais, asociacins de antigos alumnos e colexios profesionais, integran neste momento o Consello Social da 鶹.
Un traballo calado, pero enormemente eficaz para a institucin
Na súa intervencin ante o saln de actos no que se deron cita ex reitores, membros dos equipos de goberno santes e entrantes, representantes de institucins e do propio Consello Social, o seu presidente, Ernesto Pedrosa, agradeceu un recoecemento “ao traballo colectivo de moitas persoas, que ao longo destas tres décadas, contriburon a fortalecer os vnculos entre o Consello, a 鶹 e a sociedade. Un traballo a maiora das veces calado, oculto, pero enormemente eficaz para a institucin”, dixo. O presidente do Consello Social lembrou que mis al da súa funcin de supervisin econmica e planificacin estratéxica, os rganos colexiados “cumpren a dobre funcin de achegar a sociedade aos centros de educacin superior sendo instrumentos de dilogo, cooperacin e visin estratéxica compartida co goberno da institucin”.
Nuns tempos cambiantes como os actuais, Pedrosa sinalou “a cooperacin entre o Consello e a sociedade, entre as institucins e a empresa e entre o coecemento e a experiencia”, como a razn de ser do rgano que preside. Logo de trasladar os seus desexos de éxito ao novo equipo reitoral, Pedrosa rematou asegurando que “o Consello Social seguir sendo o mellor aliado para que a 鶹 continúe sendo de gran transcendencia para o futuro da nosa terra”.
Talento, talante e dedicacin
Pola súa banda, o presidente da Xunta eloxiou o traballo realizado durante estas tres décadas polo Consello Social e salientou, especialmente, a súa vontade “de contribur ao progreso da 鶹 sempre desde o dilogo e o consenso”. Ademais, agradeceu ao seu presidente, Ernesto Pedrosa, de quen destacou “o seu talento, talante e dedicacin” o seu compromiso e implicacin, as como a todos os membros que formaron e forman parte deste organismo. Rueda destacou que Xunta e Consello Social estn vencellados pola mesma conviccin, “a de defender unha universidade pública forte, competitiva, moderna e adaptada aos retos actuais”.
Na súa intervencin, o presidente da Xunta tamén reafirmou o compromiso do Goberno galego coas universidades, facendo especial fincapé na gratuidade da matrcula nestes estudos superiores, unha medida pioneira en Galicia que en setembro comezar o seu terceiro curso en vigor e que supn para as familias galegas un aforro anual de 7,7 millns de euros.
Agradecemento a un amigo polo traballo feito
O reitor en funcins gabou o papel desenvolvido polo Consello Social “no que atopamos compaa, axuda e agarimo”, dixo Reigosa, que lembrou que rgano colexiado naceu para cumprir os requisitos da rendicin de contas. Non obstante o reitor en funcins destacou o papel de “ponte entre a universidade e a sociedade” desenvolvido polo Consello Social, “e isto é moi importante”, dixo.
Reigosa lembrou e agradeceu o labor dos antecesores de Pedrosa no cargo, Alfonso Zulueta de Haz e Emilio Atrio, e repasou algunhas das iniciativas mis salientables desenvolvidas e apoiadas polo Consello Social nos últimos anos da man do actual presidente, como os premios 鶹 Humana, o Observatorio de Persoas Egresadas; a realizacin de estudos; os premios Alumni. “Cando fai falla tamén apoian iniciativas que teen que ver coa investigacin, a transferencia, a divulgacin, e empregabilidade e o emprendemento”, detallou Reigosa, que tamén destacou o traballo que o Consello Social realiza cos campus de especializacin, tanto Campus Auga como Campus CREA.
“Ernesto, considérote un amigo e douche as grazas polo traballo que fixeches durante este tempo”, dixo o reitor en funcins para rematar a súa intervencin.
