A investigadora predoutoral Paula Barciela realizou unha estada na CETYS University
Da 鶹 a México para afondar no potencial de uso de bioprodutos derivados de algas en viticultura sostible
Foi unha das beneficiarias do programa Stella Junior do Grupo Compostela de Universidades
A investigadora predoutoral e docente da 鶹 Paula Barciela vén de realizar unha estada de investigacin no Centro de Estudos Vitivincolas da CETYS University, en Baja California (México). Nela puido, seguindo unha das lias de investigacin do seu grupo, afondar no potencial do uso de bioinsumos marios en viticultura sostible. A estada foi posible tras ser elixida como beneficiaria do Programa Stella Junior 2025, o programa de mobilidade transocenica e formacin do Grupo Compostela de Universidades.
As bolsas desta iniciativa ofrécenlle s persoas beneficiarias a oportunidade de realizar mobilidade profesional, entrar en contacto con outras culturas e aumentar as súas competencias lingüsticas e profesionais. “Trtase dunha estancia de prestixio, orientada a fomentar a cooperacin internacional e ao desenvolvemento de proxectos conxuntos e s se conceden a 12 persoas”, comenta Paula Barciela, membro do grupo de investigacin NuFoG, adscrito ao Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin (IAA) e ao Campus da Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia.
A participacin neste programa levou a esta investigadora a México a principios de novembro, unha experiencia que, indica, “supuxo un enriquecemento persoal e profesional moi significativo”. “Desde o primeiro da sentinme integrada, acompaada e valorada, tanto no mbito académico como na vida coti. Estou sinceramente agradecida pola xenerosidade, a confianza e a profesionalidade coa que fun recibida, as como pola oportunidade de participar nunha contorna de traballo tan estimulante”, sinala. Durante a estancia, detalla, “xerronse sinerxas de gran proxeccin e definronse novas lias de investigacin e proxectos colaborativos destinados a fortalecer esta alianza a longo prazo”.
Colaboracin en investigacin
O traballo en México de Paula Barciela centrouse na aplicacin de bioprodutos derivados de algas na viticultura sostible e na anlise comparativa de prcticas agrcolas adaptadas a condicins de estrés climtico en rexins ridas. A anlise agroclimtica, a caracterizacin de sistemas produtivos e a avaliacin de bioinsumos (produtos de orixe natural que se empregan en agricultura para mellorar a saúde do solo, nutrir plantas e controlar pragas de forma sostible, reducindo o uso de produtos qumicos) centraron o seu traballo.
Durante a súa estada, a investigadora da 鶹 levou a cabo un percorrido técnico polos principais vales vitivincolas de Baja California (Guadalupe, Santo Toms, Ojos Negros, San Vicente e La Grulla) co obxectivo de coecer de primeira man as realidades do sector, identificar as súas necesidades e caracterizar os factores edafoclimticos e as estratexias de manexo hdrico empregadas polos produtores locais. Ademais, visitou bodegas de referencia para observar os seus procesos de producin e adaptacin ao terroir único da rexin. Esta etapa permitiulle recompilar informacin sobre diversidade varietal, tipos de solo, balance hdrico e uso de tecnoloxas de cultivo sostible, datos que servirn de base para o desenvolvemento de modelos comparativos con zonas vitcolas atlnticas galegas. Igualmente, visitou a Universidad Autnoma de Baja California e o seu campus en Valle de Guadalupe, onde compartiu experiencias con persoal investigador e docente, intercambiando perspectivas sobre innovacin, investigacin e docencia e establecendo conexins académicas “que fortalecern futuras colaboracins entre ambas as institucins”.
A segunda etapa da estada centrouse na avaliacin biotecnolxica de insumos algais, en colaboracin con Algas Pacific, empresa mexicana pioneira en biotecnoloxa aplicada agricultura rexenerativa. Nas súas instalacins, a investigadora da 鶹 analizou os procesos de extraccin e formulacin de bioestimulantes e antifúnxicos naturais obtidos a partir de macroalgas locais, como o kelp. “Estes resultados preliminares permitiron establecer un protocolo experimental reproducible para o estudo de extractos algais en sistemas vitivincolas europeos, abrindo a porta a futuras lias de colaboracin cientfica entre a CETYS University e a 鶹 en biotecnoloxa vexetal e sostibilidade agrcola”, sinala Paula Barciela. Por último, a investigadora asistiu ao Simposio Internacional sobre Innovacin y Sostenibilidad en Viticultura, celebrado en Ensenada. “O encontro reuniu especialistas de México, Estados Unidos e América Latina, consolidando unha rede de colaboracin interdisciplinaria no mbito da biotecnoloxa aplicada vitivinicultura”, afirmou.
A participacin neste programa, comenta por último Paula Barciela, representa un logro individual que tamén contribúe proxeccin internacional da Universidade, reforzando o compromiso desta institucn coa internacionalizacin da investigacin e a cooperacin académica entre Europa e América Latina, as como coa transferencia de coecemento en reas estratéxicas como a biotecnoloxa vexetal, a viticultura sostible e a adaptacin climtica de cultivos. A oportunidade, sublia, é ademais froito do apoio dos seus directores de tese e do traballo colectivo desenvolvido no seo do grupo de investigacin NuFoG.
