DUVI

Diario da 鶹

Contou coa participacin de preto de 7200 estudantes e 265 docentes de 42 centros 

A 鶹 lidera un estudo pioneiro sobre o clima educativo nas facultades de Fisioterapia de Espaa

As súas conclusins permitirn achegar recomendacins especficas a cada universidade

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 12/12/2024

Un total de 7178 alumnos e alumnas de 42 universidades espaolas e 265 docentes participaron no primeiro estudo que se leva a cabo en Espaa sobre a percepcin do alumnado de Fisioterapia do clima educativo nesta titulacin. Dirixido a coecer a valoracin do estudantado da súa propia aprendizaxe, do seu profesorado ou da atmosfera do centro, este traballo foi liderado pola profesora da 鶹 Eva Mara Lantarn e impulsado na súa etapa fronte da Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Fisioterapia (CNDFF), xunto co resto da xunta directiva. Coa participacin de alumnado do 75% das universidades públicas e privadas nas que se imparte este grao, os resultados deste traballo permitiron constatar que, en termos xerais, a percepcin do alumnado da súa formacin é positiva ou altamente satisfactoria, as como identificar posibles reas de mellora. De feito, tras presentar os resultados CNDFF, o obxectivo das e dos responsables deste traballo, explica Lantarn, é “remitir un informe detallado a cada centro participante coas recomendacins especficas resultantes da anlise realizada”.

Vicerreitora do campus de Pontevedra, Lantarn explica que este proxecto naceu “no seo da CNDFF”, da man da directiva que presidiu entre 2020 e 2023 e que completaban Juan Martnez, da UCAM de Murcia; Esther Medrano, da Universidad de Sevilla, e Jesús Seco, da Universidad de Len. De feito, iniciaron este traballo en 2020 “en plena pandemia”, co obxectivo de analizar como as “limitacins de mobilidade e restricins social impostas” puideron afectar o desenvolvemento da docencia. De feito, a idea inicial era unicamente analizar a “repercusin no clima educativo” daquela “contorna sobrevida”, mais a boa resposta que obtiveron de alumnado e profesorado motivou que “amplisemos os obxectivos e continusemos no tempo”. Aquela anlise dun momento concreto rematou converténdose nun “estudo pioneiro”, xa que, como explica Lantarn, son escasas “a nivel internacional” as investigacin sobre o clima educativo en Fisioterapia e estas adoitan ser traballos focalizados “nun s centro”, con mostras moito mis pequenas. 

O clima educativo, sinala o equipo responsable deste estudo, componse de “cinco esferas”; a percepcin do alumnado da súa propia aprendizaxe, das e dos docentes e da atmosfera, a súa autopercepcin académica e a súa autopercepcin social. Deste xeito, o seu estudo “contribúe a identificar as principais fortalezas e aspectos de mellora” dunha facultade, xa que permite coecer a visin que ten o estudantado da ensinanza que recibe, da calidade do profesorado, das súas habilidades comunicativas ou do xeito no que preparan as clases, as como das súas estratexias de aprendizaxe, da atmosfera nas clases e estancias clnicas ou dos sistemas de apoio dos que dispoen. 

O 85% estudan na facultade que desexan

O primeiro dos traballos levados a cabo foi a adaptacin e validacin dun cuestionario para analizar a percepcin do clima educativo nesta titulacin, cuxos resultados recolléronse, sinalan, na “prestixiosa revista” cientfica Medical Teacher. A partir de a, os seguintes traballos permitiron analizar as variacins do clima educativo ao inicio e o final de curso e en distintos anos académicos, as como comparar a percepcin do estudantado coa do profesorado. En termos xerais, os resultados desta anlise sinalan que a percepcin que o alumnado de Fisioterapia de Espaa ten do clima educativo é “altamente satisfactoria” ou “mis positiva que negativa”. De feito, o 85% das e dos participantes sinalan que “estudan na facultade que desexan” e que recomendaran, no 78% dos casos. 

Non obstante, tamén se rexistrou “algunha rea problemtica”, na que poderan establecerse “plans de mellora". Parte deste proxecto formou parte da tese de doutoramento que levou a cabo na 鶹 Jesús Seco, quen explica que é na “autopercepcin social” onde se rexistraron “as puntuacins mis baixas”, en termos xerais, das cinco dimensins analizadas. Concretamente, sinala, as afirmacins que acadaron menor puntuacin no conxunto das universidades avaliadas foron “rara vez me aburro nas materias que estou cursando”, “rara vez sntome s”, e “as instalacins e recursos da mia facultade son agradables”. 

Informes especficos para as diferentes facultades 

Ademais do artigo publicado en Medical Teacher, parte dos resultados deste estudo foron presentados nos últimos meses en diferentes “foros nacionais e internacionais de educacin en fisioterapia”. As e os responsables deste traballo trasladaron tamén un informe CNDFF e, a medio prazo, apunta Lantarn, “remitirase un informe detallado a cada centro participante”, con recomendacins especficas que lles permitan implantar plans de mellora da titulacin. “Neste perodo de desenvolvemento da LOSU, estamos seguros de que ser unha ferramenta crucial na que apoiarse para mellorar a aprendizaxe dos estudantes”, conclúen.