Os seus responsables reunronse este xoves no campus de Ourense
A 鶹 e o Instituto Politécnico de Bragança continúan a afianzar os alicerces do futuro Iberian FoodTec Lab
O obxectivo é levar unha proposta ao seguinte cumio entre os gobernos luso e espaol
Manuel Reigosa, reitor da 鶹, e Orlando Rodrigues, presidente do Instituto Politécnico de Bragança (Portugal), e os seus equipos reunronse este xoves no campus de Ourense co obxectivo de continuar dando pasos para a creacin do futuro laboratorio ibérico en ciencias alimentarias, o Iberian FoodTec Lab.
No ano 2022, na XXXIII Reunin Luso-Espaola celebrada en Viana do Castelo (Portugal), os gobernos dos dous pases acordaron a creacin deste laboratorio. Pouco despois, liderado desde a parte portuguesa polo Instituto Politécnico de Bragança (IPB) e desde a parte espaola pola 鶹, comezouse a traballar nel a través de Net4Food, un proxecto europeo que est na súa fase final e que conta con financiamento do programa POCTEP, iniciativa de cooperacin transfronteiriza dentro do Interreg VI Espaa-Portugal, e fondos Feder. Ademais da 鶹 e o IPB, participan nel o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxa, o clúster Portugal Foods e os laboratorios colaborativos More e Aqua Valor. Ao longo destes tres anos, os socios de Net4Food traballaron na creacin dunha rede de excelencia alimentaria na eurorrexin Galicia-norte de Portugal como base para a futura creacin deste Iberian FoodTec Lab. A participacin de 鶹 no proxecto est canalizada a través do seu Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin e en lia co Campus Auga, o proxecto de especializacin do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia.
Na xuntanza celebrada este xoves no campus de Ourense participaron por parte da 鶹 o reitor Manuel Reigosa; Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense, e David Fernndez Calvio, director do Instituto de Agroecoloxa e Alimentacin. Por parte do Instituto Politécnico de Bragança participaron o seu presidente, Orlando Rodrigues; José Alberto Pereira, Lillian Barros e Filomena Barreiro, respectivamente coordinador e vicecoordinadoras do Centro de Investigação de Montanha; e Albino Bento, director executivo do Laboratrio Colaborativo More.
“O Instituto Politécnico de Bragança é un parceiro e socio noso desde hai moito tempo en temas de investigacin, de doutoramento, etc. e hai tres anos comezamos, tras ser aprobado polos dous gobernos, o portugués e o espaol, a creacin deste laboratorio, con participacin prioritaria da 鶹-campus de Ourense e o IPB”, explicou Manuel Reigosa antes da xuntanza. Tras tres anos de traballo no desenvolvemento das bases deste futuro laboratorio a través do proxecto Net4Food, as dúas institucins buscan agora “dar o seguinte paso e tentar levar ao prximo cumio luso-espaol ou hispano-luso a nosa proposta do que queremos para este laboratorio”. O reitor lembrou a importancia deste proxecto para as dúas institucins académicas, lembrando como o rnking de Shanghai sitúa a 鶹 como a mellor universidade de Espaa e 17 do mundo en Ciencia e Tecnoloxa dos Alimentos e como o IPB “ocupa posicins moi similares s nosas” neste eido.
