DUVI

Diario da 鶹

Cunha convocatoria de bolsas que cobren ata o 100% da matrcula

A 鶹 destina 90.000€ a paliar os efectos econmicos da pandemia nas familias

O alumnado que cumpra os requisitos pode solicitar as axudas ata o 19 de febreiro

Tags
  • Estudantes
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Estudantado
  • Estudantes
M. Del Ro DUVI 21/01/2021

O estourido da pandemia da covid-19 na pasada primavera xerou un impacto repentino non s na saúde, senn tamén na economa de moitas familias afectadas por ERTEs, despedimentos, peches de negocios ou reducin de ingresos.Para que esta situacin non afecte negativamente ao rendemento académico do alumnado, a 鶹 puxo en marcha unha serie de medidas extraordinarias en materia de axudas ao alumnado mis vulnerable. A primeira convocatoria publicouse en maio e beneficiou a preto de 200 estudantes. Agora, a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria lanza unha para o alumnado afectado pola declaracin do estado de alarma “que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos”, como recolle a Resolucin Reitoral. A finalidade, explica a vicerreitora, Natalia Caparrini, é que “o alumando que ten menos recursos econmicos tea igualdade de oportunidades, que é o que se pretende desde unha universidade pública”.

As bolsas cobren ata o 100% do prezo da matrcula, o que supn unha novidade respecto da convocatoria de maio, na que se cubra o 50% xa que, como resalta Caparrini, “a pandemia afectou a partir do segundo cuadrimestre” e, desta volta, semella que “afectar a todo o curso académico”. De feito, a vicerreitora recoece que “se ben é verdade que distintas administracins, e mesmo empresas privadas, estn dando axudas, polo que vemos a diario en prensa, televisin e ao noso redor, séguense dando situacins dramticas”. Por iso, recalca, “o obxectivo ao que deberamos chegar é que ningunha persoa se quede sen estudos universitarios por motivos econmicos, sexan estes debidos pandemia ou a calquera outra circunstancia”.

Axudas por motivos econmicos ou por ter que reintegrar a bolsa do Ministerio

Poden solicitar estas axudas os estudantes matriculados en calquera titulacin de grao, mestrado ou doutoramento de centros propios da 鶹 no curso 2020/2021 que se encontren nunha das dúas seguintes casusticas. Por unha banda, atoparse desde o 1 de setembro de 2020 algún membro da unidade familiar en situacin de desemprego ou ERTE; ser traballador por conta allea e ter reducido a xornada laboral por coidados como consecuencia directa da covid-19; ser traballador por conta propia e ter concedida a prestacin extraordinaria por cese de actividade ou ser traballador do fogar e ter concedido o subsidio extraordinario por falta de actividade. Por outra banda, e como novidade respecto da convocatoria do ano pasado, tamén poden solicitar estas axudas as e os estudantes que tean que reintegrar a bolsa do Ministerio de Educacin e Formacin Profesional do curso 2019/2020 por baixo rendemento académico debido a causas derivadas da pandemia, como enfermidade da persoa solicitante ou dalgún outro membro da unidade familiar.

Prazo de solicitude aberto ata o 19 de febreiro

O prazo de presentacin das solicitudes desta convocatoria est aberto ata o 19 de febreiro e o pagamento da bolsa efectuarase no prazo de un mes desde a resolucin de adxudicacin. Esta axuda é incompatible con calquera outra concedida para a mesma finalidade, polo que so é compatible coa bolsa de carcter xeral MEFP no que respecta s materias cuxos prezos públicos non son obxecto de bolsa xeral (segundas e posteriores matrculas).