No marco dun convenio asinado entre a 鶹 e a universidade francesa
A Universidade da Sorbona acolle un coloquio cervantino centrado na afirmacin do eu na obra de Cervantes
O catedrtico Montero Reguera finalmente non puido asistir pola folga de controladores
O Coloquio Internacional Yo sé quién soy: L’affirmation du je dans l’ouvre de Cervantes reuniu esta fin de semana na Universidade da Sorbona en Pars a algúns dos mis importantes estudosos do mundo especializados na obra de Miguel de Cervantes.
O evento estivo organizado a profesora Mara Zerari, da Universidade da Sorbona; Anne Duprat, da Universidade de Picardie Jules Verne, Institut Universitaire de France; David Álvarez, da Universidade da Sorbona e o presidente de honra da Asociacin de Cervantistas e catedrtico da 鶹 José Montero Reguera. De feito, estaba prevista a súa intervencin no acto de apertura, que moderase varias mesas redondas e que impartise un dos relatorios, en concreto sobre o cancionero de Lauso (1585) e posible 'eu' poético cervantino. Finalmente, como explica o profesor de Literatura Espaola e decano da Facultade de Filoloxa e Traducin, “unha folga de controladores aéreos en Pars fixo imposible a mia viaxe cidade do Sena e participar no coloquio que, entre outras cousas, é consecuencia do convenio internacional de colaboracin entre Sorbonne e 鶹 que eu suscribn”.
E é que como explica o docente, este seminario “é o segundo dun conxunto de coloquios que comezaron o ano pasado no mes de xuo cun simposio internacional sobre “o desengano” na literatura do Século de Ouro, e que seguirn no futuro.
Dous das para debater sobre a afirmacin do ‘eu’
Ao longo destes das, as e os expertos, procedentes de universidades francesas como o propia Sorbonne Université, a Université de Picardie Jules Verne, a Sorbonne Nouvelle, a Université de Lille, a Université Jean Moulin - Lyon 3, a Le Mans Université ou Université Bordeaux Montaigne, xunto con especialistas de universidades espaolas como a de Vigo, a Complutense de Madrid, Jaén, Girona, Salamanca e Huelva e outros procedentes da Università Ca’ Foscari de Venecia, da Universidad de Buenos Aires, da Università degli Studi del Piemonte Orientale ou do Dartmouth College debateron sobre a formacin do eu na obra de Cervantes coincidindo coa celebracin do 408 aniversario da morte do escritor.
Entre outros aspectos relacionados coa formacin do eu, as e os expertos abordaron por exemplo, os sendeiros que se bifurcan entre a vida, a literatura e o mito de Cervantes, a autobiografa no teatro de Cervantes, os avatares animalsticos do eu no Viaje de Parnaso, as refraccins do eu narrador no Quijote ou a autobiografa e a comicidade no prlogo das Novelas Ejemplares, por exemplo.
A pesar de non ter podido participar de xeito presencial, o profesor Montero sublia que as informacins que recibiu “coinciden no éxito do simposio, que abriu novos camios na investigacin cervantina e no desexo de continuar en edicins vindeiras”.
