Nunhas xornadas celebradas este martes na Facultades de Educacin e Traballo Social
Universidade e centros educativos intercambiar experiencias de innovacin docente
Houbo exposicins de proxectos, conferencias, debates e obradoiros prcticos
O campus de Ourense acolleu este martes a celebracin da xornada Sinerxas educativas en prol da innovacin, organizada pola Facultade de Educacin e Traballo Social e os centros educativos da contorna, como son os CEIP Plurilingüe Curros Enrquez; o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro; o CEIP Mestre Vide e o CFR Ourense. Escolares, mestras e mestres e alumnado e profesorado universitario compartiron unha actividade que tivo como obxectivo visibilizar experiencias reais de innovacin educativa e fomentar a reflexin sobre as prcticas pedagxicas transformadoras.
Alumnado e profesorado dos citados centros educativos acudiron ao campus para dar a coecer en primeira os seus proxectos ao alumnado universitario, que tamén compartiu con eles as súas propostas educativas a través de diferentes actividades. A xornada completouse con conferencias, debates e obradoiros prcticos nos que "vivenciar metodoloxas activas e fortalecer habilidades esenciais para as e os futuros profesionais que agora se forman nos graos de Educacin Infantil, Educacin Primaria e Educacin Social da 鶹". Non faltou a música, celebrndose un concerto de Cé Orquestra Pantasma.
Concretamente, sinalan desde a facultade ourens, os obxectivos da iniciativa foron tres. O primeiro visibilizar proxectos innovadores e achegar ao estudantado experiencias reais de innovacin desenvolvidas en centros educativos da contorna, fomentando a reflexin sobre prcticas pedagxicas transformadoras. O segundo foi potenciar metodoloxas activas, impulsar a aprendizaxe vivencial mediante a realizacin de obradoiros prcticos que permitan experimentar en primeira persoa as posibilidades da innovacin educativa. Por último, o terceiro obxectivo foi reflexionar sobre o traballo en equipo e sensibilizar ao estudantado sobre a importancia do traballo colaborativo, o liderado e as habilidades brandas na prctica profesional educativa.
Un encontro escola-universidade
A programacin arrancou cunha exposicin de proxectos innovadores dos centros participantes de Educacin Infantil e Primaria. Profesorado e escolares dos colexios presentaron dunha forma visual e lúdica os seus proxectos s persoas que se achegaron ata cada un dos postos habilitados na entrada do Edificio de Ferro. Continuou cunha merenda interxeracional e actividades de animacin socioeducativa a cargo de estudantado dos tres graos da Facultade de Educacin e Traballo Social. As actividades foron deseadas dentro do programa de Aprendizaxe-Servizo do centro. “Na xornada tivemos a oportunidade de coecer os proxectos que se estn levando a cabo en diferentes aulas, escoitndoos dende a voz do propio alumnado de Educacin Primaria. E, en contrapartida, as rapazas e rapaces destes centros tiveron a oportunidade de coecer e participar en actividades deseadas polo noso estudantado universitario”, explicou Isabel Mocio, decana da facultade organizadora. Neste encontro escola-universidade, engadiu, tamén foron convidados a participar colectivos que traballan no acompaamento de persoas maiores para que coecesen estas actividades e participasen na merenda interxeracional e diferentes dinmicas promovidas polo estudantado de Educacin Social.
Xa pola tarde, a programacin continúa cunha mesa de debate sobre a importancia do traballo en equipo, o liderado, as habilidades brandas e os recursos educativos, moderada polo profesor Xosé Manuel Cid e que conta con catro intervencins. Participarn Silvia Martnez, docente no CPI José Garca Garca; Paola Guimerns, investigadora da Universidad Europea de Madrid especialista en novas tecnoloxas aplicadas educacin e desenvolvemento de habilidades dixitais; Almudena Alonso, profesora da 鶹 especialista en formacin do profesorado e implementacin de metodoloxas activas, e Nuria Diéguez, directora do CFR de Ourense e profesora asociada da 鶹. Antes do peche e reflexin final, o programa inclúe tres obradoiros a cargo de persoal do CFR de Ourense para que todo o estudantado participante explore tecnoloxas e metodoloxas aplicables na súa futura prctica profesional. Os obradoiros céntrase en materiais manipulativos para a aprendizaxe, maletas viaxeiras para o xogo como recurso educativo e situacin de aprendizaxe STEAM.
