Ourense acolleu estes xoves o seu tradicional concerto por estas datas
A Universidade celebra con música a chegada do Nadal
Coa participacin da Orquesta Clsica de Vigo, o violonchelista Álvaro Lozano e os coros do campus
O Auditorio Municipal de Ourense acolleu este xoves pola noite o tradicional concerto co que a 鶹 d a benvida ao Nadal. Correu a cargo da Orquesta Clsica de Vigo, estando como solista o violonchelista Álvaro Lozano, e contou coa colaboracin dos coros infantil e adulto do campus de Ourense. Á actuacin asistiron membros dos diferentes colectivos da comunidade universitaria e persoas alleas a ela, estando entre eles Manuel Reigosa, reitor da 鶹, e as e os vicerreitores Francisco Javier Rodrguez Rajo, Susana Reboreda, Belén Rubio, Alfonso Lago e Natalia Caparrini.
Da música clsica música coral
A Orquesta Clsica de Vigo, decana de Galicia, é unha formacin de música clsica que aposta pola innovacin, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos. Nos seus 40 anos de historia, as obras interpretadas superan as 500, facendo sempre unha aposta pola diversidade na música, mesturando propostas actuais e obras consagradas. Neste Concerto de Nadal 2024 o protagonista do seu repertorio foi o compositor austraco Franz Joseph Haydn (1732-1809). As, interpretou, baixo a direccin de Manuel Martnez Álvarez-Nava, as pezas Abertura en Re maior, Hob. Ia:7; Concerto en Do maior, para violoncello e orquestra, Hob. VIIb:1 (Moderato, Adagio e Finale: allegro molto) e Divertimento en Re maior, Hob. II:22 (Presto, Minueto-Tro, Largo cantabile alla breve, Minueto-Tro e Finale: presto).
Como solista estivo o violonchelista Álvaro Lozano Cames, galardoado en diferentes certames e que desde 2023 estuda na Ctedra de Violoncello Aline Foriel-Destezet da Escola Superior de ú Reina Sofa. Como novidade nesta actuacin participaron o Coro Universitario do Campus de Ourense (CUCO), dirixido por Ruth Gonzlez, e o novo Coro Infantil do Campus de Ourense (Cuquios), dirixido por Vctor Vicente Fernndez. Eles unronse cara o final do concerto para interpretar coa orquestra Adeste fideles e o himno universitario, Gaudeamus igitur.
O concerto estivo organizado pola Vicerreitora de Extensin Universitaria da 鶹, destacando a súa vicerreitora, Susana Reboreda, que o obxectivo deste evento é conmemorar, a través da linguaxe universal da música, que a institucin académica pecha un ano e d a benvida a outro novo con “ilusin e confianza”.
