DUVI

Diario da 鶹

Filoloxa e Traducin acolleu unha mesa redonda con representantes de CRTVG E TVE

A Universidade busca na televisin pública un aliado para lograr novos avances en temas de accesibilidade

Maribel Doval, “aspiramos a ser unha universidade inclusiva, e penso que estamos no bo camio”

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • é
D. Besado DUVI 10/05/2022

Todas as alianzas son poucas para lograr unha Universidade e, en xeral, unha sociedade mis inclusiva. Con esta idea de partida, a Facultade de Filoloxa e Traducin acolleu este martes unha mesa redonda na que compartiron espazo e ideas representantes do equipo de goberno -en funcins neste intres-, da facultade, do alumnado de doutoramento que est a traballar neste temas, da Compaa de Radio Televisin de Galicia, CRTVG e de Televisin Espaola, TVE. Todos compartiron ideas e expuxeron o que se est facer nestes intres, cada un desde os seus propios mbitos, en temas de accesibilidade. Falouse de lingua de signos, de subtitulados, de audio descricin, de adaptacins de textos para lectura fcil… e fxose cun obxectivo claro: “conseguir novas alianzas que redunden nun beneficio para todos”, tal e como explicou a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalizacin e Cooperacin, en funcins, Maribel Doval.

Xunto vicerreitora participaron na mesa redonda o director de Proxeccin Social da CRTVG, Xaime Arias; a xefa da Unidade de Accesibilidade de TVE, Laura Feyto, e a estudante de doutoramento da 鶹 Sonsoles Facal, especialista en Lectura Sinxela e adaptadora do programa Sinxelo da CRTVG. “Queremos dar visibilidade aos temas de accesibilidade que se fan na 鶹, que sexa unha primeira pedra coa que seguir construndo unha universidade cada vez mis inclusiva”, destacou a profesora Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Traducin e Lingüstica, que se encargou da presentacin da mesa xunto vicedecana Beatriz Rodrguez.

Mis de cen estudantes no Plan de Atencin Diversidade, Piune

“Estamos no que podemos chamar unha mesa de alianzas, na que contamos coa participacin do equipo de goberno en funcins, representantes da facultade, estudantes de doutoramento que estn a traballar neste temas e dúas institucins tan importantes como Televisin de Galicia e Televisin Espaola”, explicou a vicerreitora, quen salientou que, neste intre, a 鶹 ten matriculados mis de 250 alumnos e alumnas que teen unha discapacidade igual ou superior ao 33% . “Non hai estudantes de primeira, segunda e terceira divisin, todos teen os mesmos dereitos e tamén as mesmas obrigas. Todos teen o dereito a acceder aos contidos e a demostrar nunha avaliacin o que aprenderon, en igualdade de oportunidades, e isto que parece tan obvio, non sempre é as”, subliou a vicerreitora, quen fixo fincapé en que, se ben os avances que se acadaron no eido da accesibilidade son moitos, queda anda moito treito por percorrer. “Aspiramos a ser unha universidade inclusiva, e penso que estamos no bo camio, pero, polo momento anda non o somos ao cen por cen”, explicou Doval, ao que engadiu que, nestes intres, hai mis de cen estudantes que, “por razns moi diversas” forman parte “voluntariamente” do Plan de Atencin Diversidade, Piune.

20 anos de investigacin e un novo perfil profesional: validador

Tamén desde a 鶹 a profesora Lourdes Lorenzo fixo fincapé na necesidade de seguir realizando actividades coas que visibilizar que 鶹 aposta decididamente pola accesibilidade en todas as súas facetas. “Aqu hai moitos grupos de investigacin que levan 20 anos traballando neste tema e, chegado este momento, pensamos que é moi importante darlle difusin”, recalcou a docente, salientando a importancia de traballar “desde abaixo”, man a man coas entidades sociais, cos festivais de cine inclusivo… “Entre todos temos que facer un esforzo para que todas as iniciativas que se estn a levar a cabo en temas de accesibilidade vaian encaixando”.

Como docente, Lorenzo afondou tamén no nacemento dun novo perfil profesional, os validadores, que teen que ser persoas cunha discapacidade, “chmase unha persoa xorda, cega ou con sndrome de down, por citar algún exemplo” e, nesta lia, salientou que a Universidade est traballando para formar a estes novos profesionais. “Xa de cara ao curso que vén a idea é organizar novas actividades baixo o paraugas do que ser a primeira Semana da Accesibilidade da 鶹”, adiantou a docente.

Xaime Arias: “este ten que ser un tema de pas"

En materia de accesibilidade, a colaboracin 鶹 - Televisin de Galicia vén de longo, tal e como destacaron tanto Lorenzo como o propio Xaime Arias, quen falou, entre outros aspectos, das accins G de responsabilidade social corporativa da televisin pública galega, as como do proxecto Sinxelo, espazo informativo que botou a andar o pasado mes de febreiro e que permite que os servizos informativos da TVG emitan diariamente vdeos accesibles na súa web e redes sociais en formato de ‘lectura sinxela’ para persoas con discapacidade ou con necesidades especiais.

Nesta iniciativa, tal e como explicou Arias, estn implicadas a propia Lourdes Lorenzo, experta en traducin audiovisual, e Sonsoles Facal, estudante de doutoramento e impulsora da traducin de libros infants a ‘lectura sinxela’, que foi outra das participantes na mesa. “Tivemos que crear todo de cero porque ninguén fixera nada parecido”, explicou Arias, salientando a importancia de implicar nestes proxectos aos colectivos afectados, “na accesibilidade ten que ser as, si ou si. Como televisin pública somos un escaparate mis para todo este tipo de iniciativas, pero este ten que ser un tema de pas”, recalcou Arias, quen aproveitou para demandar o financiamento necesario para seguir avanzando nestes temas.