DUVI

Diario da 鶹

O traballo foi realizado pola investigadora Iria Souto

Unha tese demostra a continuidade das prcticas relixiosas persoais durante o perodo amarniense do antigo Exipto

Desbota a idea de que esta relixin tera xurdido durante a última etapa do reino novo

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Աپ
DUVI Ourense 26/10/2020

No Antigo Exipto, o perodo amarniense, situado aproximadamente entre os anos 1550-1069 antes de Cristo, implicou, segundo explica a exiptloga Iria Souto, cambios profundos na arte, na diplomacia, na poltica e sobre todo na relixin. Segundo algúns autores, detalla, a relixin persoal tera xurdido como reaccin a este perodo na última etapa no Reino Novo, no perodo coecido como Ramésida. Porén, na súa tese, a investigadora desbota esta hiptese e demostra que se “d continuidade nas prcticas relixiosas antes da etapa amarniense e posteriormente”, amosando “exemplos de piedade persoal en contextos domésticos preservados, con certeza dende o Reino Medio, e noutros contextos dende fins do Reino Antigo”.

A tese, que leva por ttulo Changes in personal religious action in domestic contexts from the early New Kingdom until the Twentieth Dynasty. A comparative study on the impact of the Amarna Period, estivo dirixida por Susana Reboreda, profesora da 鶹, e Tony Leahy, da Universidade de Birmingham (Reino Unido) e foi froito de catro anos de traballo investigador da súa autora. Graduada en Xeografa e Historia pola Facultade de Historia do campus de Ourense, na actualidade Iria Souto é investigadora vencellada ao Grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio da 鶹 e traballa no Middle Kingdom Theban Project da Universidad de Alcal de Henares. Na súa tese, apunta, centrouse na relixin persoal, que define como “un conxunto de crenzas individuais de cara a unha divindade especfica escollida polo individuo e cal lle dedica pregarias, súplicas e demais”, por considerar que “é un tema pouco analizado e pareceume moi interesante entrar en detalle na relixiosidade, en como era a vida coti e como afectaba aos contexto privados da xente do Antigo Exipto”.

Estudo comparativo de estruturas e obxectos

O principal obxectivo do seu estudo, detalla Iria Souto, foi “determinar a través de anlises comparativas se houbo continuidade nas prcticas relixiosas en contextos privado-domésticos ou se pola contra o perodo amarniense, que tivo lugar baixo o faran Akhenatn, acontecido no Reino Novo, implicou unha divisin e cambios en ditas prcticas”. As mesmo, a tese, engade a xa doutora, “abrangue outros obxectivos includos na chamada arqueoloxa da relixin, tales como os cultos rituais e como se desempeaban desde o tempern Reino Novo, o estado destas prcticas relixiosas antes de dito perodo, debates terminolxicos, revisin historiogrfica sobre roles de xénero nos espazos domésticos ou a interaccin cos finados”. Ademais, o traballo complétase coa recollida de exemplos diversos noutros contextos, como templos e tumbas, para posibilitar e facilitar as anlises comparativas. Segundo a investigadora trtase, en conxunto, da “primeira investigacin da disciplina exiptolxica no marco da 鶹”.

A tese, sinala Iria Souto, contén un estudo comparativo e diacrnico de diferentes estruturas e obxectos arqueolxicos en contextos domésticos relacionados coa denominada relixin persoal. Os principais exemplos chave de xacementos mellor preservados para a anlise destas evidencias, apunta, datan do Reino Novo, e son Tell el-Amarna e Deir el-Medina, se ben se estudan preto de 24 xacementos no seu traballo. A metodoloxa empregada, explica a historiadora, consistiu en anlises das estruturas arquitectnicas de culto e dos obxectos (empregando indicadores como a localizacin, asociacin con outros elementos, iconografa, uso e funcin dos artefactos e estruturas) a través da consulta de informes arqueolxicos na biblioteca Sackler de Oxford, as coma en coleccins de museos, coma o Eton Meyers de Birmingham e o Ashmolean Museum de Oxford. Tamén se consultaron obxectos do museo Flinders Petrie de Londres e diversas coleccins online de Turin e do Louvre, entre outros. No estudo, engade, aplcanse anlises cualitativas e cuantitativas para contabilizar os exemplos e analizar se constitúen mostras significativas que poidan ser comparadas ao longo dos distintos perodos abranguidos e reconstrúense os rituais a partir do estudo da interaccin entre obxectos e estruturas.

As conclusins do seu estudo, sinala Iria Souto, “confirman a hiptese inicial: dse continuidade nas prcticas relixiosas antes da etapa amarniense e posteriormente. Polo tanto, o reinado de Akhenatn tivo influencia no reforzo da relixin persoal, pero non constituu un factor orixinario da mesma”. A distribucin de obxectos e estruturas nas casas dos xacementos estudados, engade, “demostra que non haba un patrn de distribucin constante e que polo tanto non existan espazos especficos de culto nas casas, senn que os obxectos poderan ter sido transportados en diversas estancias”. As mesmo, apunta a historiadora, “as casas non eran unidades estticas, senn que interactuaban con outras edificacins, como capelas, no contexto relixioso”.