DUVI

Diario da 鶹

Adriano Snchez avaliou os efectos de programas limitados ao tren superior ou inferior

Unha tese confirma os beneficios do exercicio de forza con bandas elsticas para ancins con problemas de mobilidade

Trtase dunha actividade beneficiosa para manter a saúde fsica e cognitiva

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • ú
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 11/02/2021

A falta de actividade fsica asciase aparicin de diferentes enfermidades crnicas e constitúe un problema de saúde que se agrava naqueles sectores da poboacin nos que a inactividade pode ser maior, como as e os residentes en centros da terceira idade. De a a importancia de promover a prctica de actividade fsica neste colectivo, inclundo nesta, como recomenda a Organizacin Mundial da ú (OMS), o exercicio de forza, xa que diferentes estudos teen constatado os seus beneficios, tanto fsicos como cognitivos, nesta poboacin. “Debido ao seu baixo custo e a súa adaptabilidade ao espazo dos centros xeritricos”, as bandas elsticas constitúen unha interesante ferramenta para levar a cabo este tipo de actividade con ancins, como explica o investigador Adriano Snchez, que centrou a súa tese de doutoramento en “analizar os efectos diferenciais” da inclusin en residencias de dous programas de exercicio de forza con estas bandas, un centrado nos músculos do tren superior e outro nos do tren inferior.

Esta anlise permitiulle “comezar a arroxar luz sobre os efectos que pode ter” a realizacin destes exercicios, “por separado”, cos membros superiores e inferiores, tanto no referido s funcins cognitivas como s fsicas. “Isto é especialmente relevante para a xente con problemas de mobilidade no tren inferior, por exemplo, pois moitas veces son excludos dos programas de exercicio, porque son vistos como persoas altamente limitadas s que facer exercicio cos brazos non achegar grandes beneficios ou incluso podera ser arriscado”, salienta o xa doutor en Educacin, Deporte e ú pola 鶹. De feito, no estudo que levou a cabo en tres centros xeritricos ao longo dun ano, os exercicios para os membros superiores “amosronse mis beneficiosos para manter a saúde cognitiva que os do tren interior, que pareceron favorecer mis a funcin fsica”, explica.

Tamén é beneficioso traballar s con pernas ou brazos?

“O exercicio fsico de forza resulta de especial interese neste colectivo, debido extensa evidencia cientfica que indica numerosos beneficios hora de combater o proceso de deterioro” que implica o envellecemento e que abrangue tanto a “perda de funcionalidade de diferentes rganos e sistemas, as como de masa e forza muscular”, como, no referido funcin cognitiva, “unha reducin do tecido e a funcionalidade cerebral”, explica Snchez Lastra. Non obstante, a pesares de que diferentes investigacins teen constatado que “o exercicio de forza favorece a cognicin”, exista “pouca informacin” respecto dos efectos, a curto e longo prazo, da súa realizacin “de forma centrada no tren superior fronte ao tren inferior”. De a que este fose o propsito central da súa tese Ejercicio de fuerza con bandas elsticas centrado en tren superior frente a tren inferior: efectos sobre la funcin cognitiva y fsica de adultos mayores residentes, que levou a cabo baixo a direccin dos profesores da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte José Mara Cancela e Carlos Ayn.

Snchez Lastra contou para esta investigacin coa participacin de 68 residentes, dos que o 65% eran mulleres, nos centros do grupo Domus Vi en Barreiro e Bembrive, en Vigo, e Cangas do Morrazo, divididos en dous grupos experimentais e un grupo control. Nunha primeira fase, un dos grupos experimentais realizou un programa de exercicio de forza centrado no tren superior, de tres meses de duracin e con tres sesins semanais, tralo que levaron a cabo un “perodo de desadestramento”, tamén de tres meses, no que “continuaron coa vida diaria do centro, previa que se estableceran os nosos programas”, explica. Nunha segunda fase, o grupo levou a cabo outro programa de exercicio, tamén de tres meses, centrado desta volta no tren inferior, seguido dunha última fase de “desadestramento e seguimento”, mentres que o segundo grupo experimental realizou esta mesma secuencia de forma inversa, comezando polo tren inferior. Por outra banda, ao longo do ano no que se levou a cabo este estudo, do que Snchez destaca a implicacin tanto dos directores e directoras dos centros, “como do resto de profesionais, desde asistenciais ata de limpeza”, o grupo control realizou, seguindo a mesma secuencia, “un programa de exercicio de flexibilidade idéntico en ambas fases, que involucraba estiramentos do tren superior e inferior”. 

Resultados que redundan na importancia da actividade fsica

Antes e despois de cada perodo de anlise, realizou s persoas participantes unha serie de probas de avaliacin que lle permitiron observar, trala primeira intervencin, “melloras significativas na funcin cognitiva en ambos grupos experimentais”, mentres que ao remate do estudo todos os grupos presentaron melloras na flexibilidade do tren inferior e do ombreiro, vez que un “empeoramento significativo da forza na presin manual”. Tamén ao remate dos programas, detectronse diferencias entre o grupo que realizou primeiro os exercicios do tren inferior, que amosaba “un empeoramento na funcin cognitiva”, e o que comezou co tren superior, que presentaba peores resultados “na mobilidade funcional e equilibrio dinmico”. No referido ao grupo control, os resultados do estudo amosan que o exercicio de flexibilidade “mostrouse útil como terapia para mellorar a mobilidade articular e muscular, como caba supoer”.

A pesares de que seran precisos, sublia, “mis estudos para poder conclur rotundamente se son mis beneficiosos un tipo de programas ou outros”, a investigacin que Snchez Lastra desenvolveu para a súa tese vén a confirmar os efectos positivos do traballo con bandas elsticas. “O exercicio de forza, en xeral, ten beneficios na funcin cognitiva”, lembra o investigador, que a raz dos resultados avoga porque se desenvolvan nos centros xeriricos “sesins que incidan no exercicio de forza que combinen o tren superior e o inferior”, nas que se inclúan tamén a aqueles ancins e ancis “con problemas de mobilidade, anda que s poidan facer exercicios do tren superior e, se é o caso, tamén a aqueles que s poidan utilizar o tren inferior”. O autor da tese sublia nese senso a importancia de que nas residencias se cumpran, cando menos, as “recomendacins mnimas de actividade fsica” da OMS para maiores de 65 anos, que comprenden “150 minutos semanais de actividade fsica aerbica de intensidade moderada, como camiar, ou 75 de vigorosa, como trotar”, xunto coa realizacin, dúas veces semana de “actividades que melloren a forza muscular”, en combinacin con exercicios de equilibrio cando menos tres veces por semana. “Sabemos que cumprir estas recomendacins non s favorece o mantemento da independencia funcional deste colectivo, senn que ademais reduce o risco de mortalidade prematura”, engade o investigador.