DUVI

Diario da 鶹

Nuria Bouzas estudou a simboloxa asociada ao cabelo ao longo da historia

Unha tese afonda en como a arte utilizou o pelo na construcin de estereotipos de xénero

Na arte contempornea retmanse estas asociacins para xerar “discursos que aborden a igualdade”

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Igualdade
  • Աپ
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 09/06/2022

O seu valor simblico, a súa corporeidade e a súa capacidade de adaptacin a múltiples contextos fixeron do pelo un elemento empregado de forma recorrente ao longo da historia da arte. Na súa tese de doutoramento, Nuria Bouzas revisou a simboloxa asociada ao cabelo na creacin artstica e noutras manifestacins culturais de diferentes épocas, para logo pr o foco no seu uso na arte contempornea. A partir dunha “revisin analtica e comparativa” de preto de 250 obras, Bouzas puido constatar a existencia de “determinadas tradicins relacionadas co uso do pelo na construcin de estereotipos” ligados representacin feminina, presentes tanto en obras clsicas coma contemporneas. Ao longo da historia, explica, o cabelo foi empregado na arte para “reforzar” ideas como “o estereotipo da muller fatal”, de cabelo longo, alborotado e de tonalidades vermellas. Non obstante, a pesar de que “moitos deses conceptos e simboloxas asociadas ao pelo permanecen na imaxinacin colectiva”, a “carga simblica” deste elemento fai tamén que sexa empregado na arte contempornea, sinala, “para xerar discursos que aborden a igualdade de xénero”.

Dirixida pola profesora da Facultade de Belas Artes Susana Cendn, a tese El pelo como elemento de especulacin artstica en la creacin contempornea tia como obxectivo xeral realizar unha revisin “da simboloxa e os usos do pelo a longo de diferentes épocas histricas”, abranguendo tanto a arte como disciplinas como a antropoloxa, a socioloxa ou o deseo. Deste xeito, a tese que levou a cabo no doutoramento en Creacin e Աپ en Arte Contempornea a mis al de estudos previos que abordaban o uso do pelo na arte de “maneira fragmentada”, co propsito de “comprender a utilizacin deste elemento, con múltiples significacins, s veces incluso contraditorias”, na prctica artstica actual. De feito, a tese desta artista e investigadora complétase, como explica, cunha “gua que engloba a prctica totalidade de obras de arte que versan sobre este elemento na actualidade”.

Simboloxas que permanecen

Dada a súa pertenza ao corpo humano, o pelo tense amosado como un “material verstil hora de traballar artisticamente”, do que Bouzas destaca a idea da “fisicidade” como unha das súas caractersticas que fixeron deste un dos “mellores elementos” para abordar “múltiples temticas relacionadas co ser humano, como a corporeidade, a sexualidade, a identidade, a memoria, a relacin entre o corpo e o espazo que este habita ou as relacins persoais e sociais”. Nese senso, incide en que, a pesar desa capacidade de adaptacin, o uso do arte mantivo unha serie de “simboloxas asociadas” ao longo do tempo. Ese é o caso, sinala, do uso do cabelo longo como “smbolo ertico e feminino”, a vinculacin do pelo solto coa idea de liberdade ou do vello facial ou corporal co masculino. Do mesmo xeito, o cabelo despeiteado ligouse “ loucura e fealdade”, mentres que o seu rapado empregouse como smbolo de “control e homoxeneizacin” e, en moitos conflitos bélicos, como representacin “dunha forma de castigo ou humillacin”.

Moitas destas simboloxas, engade Bouzas, retmanse na arte contempornea “como crtica”, mais tamén como “reforzo” nalgúns casos, “de ideais de beleza, estereotipos femininos ou diferencias sexuais e de xénero”. Neste punto, Bouzas sinala como exemplos a serie fotogrfica Imaxe Alterada (1981), de Christopher Makos e a obra de Lorna Simpson Wigs (1994-2006), definidas polo uso da perruca “como un medio para profundar na construcin de estereotipos” e pr de relevo a idea do xénero como unha “construcin cambiante”.

Dos estereotipos prerrafaelistas...

“A utilizacin do pelo como material creativo motivou, ao longo da historia, infinidade de simboloxas orais, escritas e plsticas”, engade Bouzas, que aborda na súa tese en como este foi adaptando co paso do tempo as súas significacins aos cambios sociais e culturais. Neste percorrido histrico, Bouzas sinala o perodo prerrafaelista como unha época na que o cabelo, representado sempre unido ao rostro, “comeza a ter unha maior importancia”. Deste perodo, a investigadora destaca como os artistas “servronse da simboloxa atribuda s diferentes tonalidades do cabelo como medio para potenciar determinados estereotipos femininos”, como a idea da “muller pura e virxinal” ligada aos cabelos ureos ou o uso do pelo vermello na “construcin do estereotipo de muller fatal”.

...s novas simboloxas das vangardas

Ser a partir das vangardas cando o pelo adquira “unha nova dimensin”, tanto na arte como en disciplinas como a publicidade ou o deseo de moda, apunta Bouzas. Neste punto, a investigadora sinala o seu uso recorrente, principalmente pola súa vinculacin co erotismo, por parte do surrealismo, movemento durante o cal o cabelo “seprase do corpo e empeza a empregarse como material propiamente artstico”, co que “plasmar inquietudes sexuais, onricas ou de construcin dunha identidade artstica antiburguesa e anticonvencional”.

O uso do pelo posibilitou nesta época “a creacin de novas linguaxes e métodos discursivos”, mais, a pesar de que foi un elemento empregado tanto por homes como por mulleres, sern as artistas, como explica Bouzas, as que protagonicen neste perodo “a maior parte das contribucins e indagacins sobre a simboloxa” asociada a este elemento. Como exemplos, a investigadora sinala a creadoras como a francesa Dora Maar, autora en 1935 dunhas fotografas publicitarias que constitúen “probablemente unha das primeiras obras nas que se emprega o cabelo de forma simblica”, ou a alem Meret Oppenheim, que nunha obra de 1936 emprega o pelo “para recubrir obxectos cotis”, xerando un “xogo de dobres significados” que d mostra do seu potencial para abordar temticas “como a atraccin, a repulsin ou a sexualidade, sen referilas directamente”. Como figura de referencia deste movemento, Bouzas sinala canadiana Mimi Parent, quen na Exposicin Internacional Surrealista de 1959 presentou obras como unha gravata ou unha camisa realizadas co seu propio pelo, nas que se serva da “simboloxa fetichista asociada o cabelo” para “pr en cuestin a definicin de xénero”.

Interese artstico e investigador

Como recoece Bouzas, o interese, compartido coa directora da súa tese, pola temtica que centrou a súa investigacin vincúlase tamén a súa propia producin artstica. “As obras que estaba realizando por esa época exploraban timidamente o uso do pelo na configuracin de identidades e, sobre todo, a súa representacin grfica do pelo como un elemento constitunte doutros elementos, coma, por exemplo, a vexetacin”, explica a xa doutora, que recoece o seu interese como artista por esa “capacidade adaptativa” do pelo, as como “o contraste atraccin-repulsin que se crea cando pasa a formar parte doutros elementos e contextos que non son o corpo humano”.