DUVI

Diario da 鶹

Alumnado de Educacin achégase experiencia de Ponte... nas Ondas!

Tendendo pontes entre o futuro profesorado, os escolares e o patrimonio cultural

A través de actividades coa radio do IES Terra de Turonio de Gondomar

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • é
DUVI Ourense 20/01/2022

Ponte... nas Ondas!, explica Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense, “figurar na historia como un dos grandes movementos de renovacin pedagxica que houbo”. Deste xeito, engade, a súa experiencia “serve de modelo de cousas vangardistas pedagoxicamente falando que se poden facer nos centros educativos tanto de Primaria como de Secundaria”. Por este motivo, un curso académico mis, alumnado dos graos de Infantil e Primaria do campus de Ourense e do Mster Universitario en Profesorado en Educacin Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formacin Profesional e Ensino de Idiomas do campus de Vigo, realizaron unha serie de actividades relacionadas con este proxecto.

As, ao longo do desenvolvemento da iniciativa este curso académico, Santiago Veloso, presidente e un dos fundadores Ponte... nas Ondas!, visitou o campus de Vigo para contar ao alumnado de mestrado a historia deste movemento e escolares do IES Terra de Turonio de Gondomar, centro que participa en Ponte...nas Ondas!, presentaron o traballo que realizan na súa Radio Turonio, facendo fincapé nas habilidades desenvolvidas ao seu abeiro. Igualmente, alumnado dos graos de Infantil e Primaria do campus de Ourense achegronse ao centro educativo de Gondomar para coecer de primeira man esa experiencia de radio, participando co profesorado e escolares do centro na gravacin dun programa radiofnico no que non faltaron a música, as entrevistas e o bo humor. “Uns e outros participaron na iniciativa con moito entusiasmo e interese. Tanto no alumnado de grao como de mestrado quedou a idea de que non debe pasar desapercibida unha experiencia que ao longo destes 25 anos foi capaz de xerar tanta ilusin como é Ponte... nas Ondas!”, comenta Xosé Manuel Cid. No marco da iniciativa, as e os escolares de Radio Turonio gravaron dous que recollen a experiencia desenvolvida coa 鶹, inclundo entrevistas cas e cos participantes.