O catedrtico Carlos Lago é coautor de ‘El jugador número 12’
En tempos de gradas baleiras, un libro analiza os efectos no fútbol de xogar como local
A vantaxe que implicaba competir diante da afeccin reduciuse un 10% nos últimos 25 anos
A crise sanitaria xerada pola covid-19 tivo como efecto unha imaxe practicamente inédita no fútbol de alto nivel, que os partidos se disputen coas gradas dos estadios baleiras. Afondar na incidencia que neste deporte ten xogar como local, o efecto do chamado “xogador número 12”, é o obxectivo do libro que o catedrtico da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte Carlos Lago elaborou xunto co investigador da Universidad Politécnica de Madrid Miguel Gmez Ruano. “A idea era comprobar o efecto de xogar sen público nos resultados dos equipos, porque unha das ideas mis estendidas no mbito do deporte é que xogar no teu campo, arroupado polos afeccionados, aumenta as túas probabilidades de gaar”, salienta Lago. Con ese propsito, a publicacin El jugador número 12. La ventaja de jugar en casa en el fútbol aborda diferentes aspectos relacionados con efectos de competir como local, desde a evolucin histrica da “vantaxe de xogar en casa”, que como apunta Lago, reduciuse un 10% nos últimos 25 anos, incidencia do VAR ou se existen ou non os chamados “goles psicolxicos”.
Partindo de diferentes investigacins previas, parte delas dos propios autores, Lago Peas e Gmez Rúano deron forma a un “libro de divulgacin cientfica, dirixido a adestradores, afeccionados ou directivos", que abordase desde un “enfoque moi amplo” a vantaxe que supn competir como local. Actualmente, explica o investigador do campus pontevedrés, os equipos de fútbol suman aproximadamente o 60% dos seus puntos no seu campo e o 40% restante como visitantes, pero “este é un valor que foi baixando” co paso do tempo e que concretamente reduciu a súa incidencia nun 10% nos últimos 25 anos. Isto, sinala o investigador, pode deberse a “multitude de factores”, desde que na actualidade “fchanse mellores xogadores, a diferencia entre os equipos é cada vez menor e as plantillas son mis amplas”, s melloras no eido da preparacin fsica e a recuperacin, pasando porque as viaxes son hoxe “mis rpidas e confortables” ou polo feito de que “os rbitros estn mis profesionalizados e déixanse influr menos polo público”.
Un libro nacido dos efectos da pandemia
Tanto Lago como Gmez Rúano desenvolveron nos últimos anos diferentes investigacins relacionadas cos efectos de xogar como local, e de feito traballan actualmente, xunto co investigador estadounidense Richard Pollard, na elaboracin dun handbook sobre esta temtica, que ser publicado pola editorial Routledge. Mais esta publicacin divulgativa xurdiu do “efecto colateral” que a covid-19 deixou nas competicins deportivas. “Produciu algo moi novo, xa que ata agora xogranse uns poucos partidos a porta pechada por sancins, polo que tamén é como un gran experimento para ser capaz de medir os efectos do público nas gradas”, recoece Lago. Segundo estiman, os estadios baleiros van provocar que a maior porcentaxe de puntos logrados como locais se reduza “entre un 2% e un 5%”, explica Lago, que incide, non obstante, que esa vantaxe de xogar na casa “é moito mis importante no caso de equipos pequenos, de cidades non moi grandes, que teen un forte sentimento identitario”. Deste xeito, conclúe, o efecto que ter ter que competir sen público vai ser “mis importante” no caso de clubs como o Eibar ou o Alavés que no Real Madrid ou no Barcelona.
Os goles psicolxicos non existen
A partires desa anlise, explica Lago, “decidimos ir ampliando temticas”, ata dar forma a un libro, que co “xogador número 12” como fo, aborda nos seus 20 captulos cuestins como a importancia de marcar o primeiro gol nos partidos, cal sera un bo resultado no primeiro encontro dunha eliminatoria ou a influencia que ten a separacin entre o céspede e a grada que nalgúns campos supoen as pistas de atletismo. A publicacin detense tamén na incidencia do VAR, o asistente de vdeo nas arbitraxes, que, explica Lago, “reduciu nun 2% ou 3% a vantaxe de xogar en casa”, ao mitigar o “efecto do público en pequenas decisins” dos colexiados.
A través dos datos, Lago Peas e Gmez Ruano rebaten tamén neste libro ideas estendidas entre os afeccionados, como o efecto dos chamados “goles psicolxicos”, aqueles que se anotan no minuto previo ao remate do primeiro tempo. “Non existen”, afirma o catedrtico, que explica que cando o equipo local anota xusto antes do descanso, “o mis probable é que na segunda parte reciba un gol”, debido a aspectos como “que soe cambiar a súa forma de xogar na segunda metade”. Do mesmo xeito, outro dos captulos amosa que, a diferencia das competicins de liga, xogar unha final en campo propio non supn unha vantaxe. “Pode ter un efecto positivo ou negativo, é unha variable que non ten moita incidencia no resultado”, sostén Lago, que explica que, ademais dos factores psicolxicos, unha final implica que “o público nas gradas se distribúa mis ou menos ao 50%” entre as dúas afeccins.
