DUVI

Diario da 鶹

O Festival Internacional de Teatro en Ourense celebrarase do 14 ao 25 de outubro

O teatro volve da man do FITO

A programacin adptase s esixencias derivadas da loita contra a pandemia

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 13/10/2020

Do 14 ao 25 de outubro, o (FITO) celebrar unha nova edicin, a número trece. A cita adaptar a súa programacin s esixencias derivadas da loita contra a pandemia e contar con oito das de programacin e once espectculos que se desenvolvern na cidade de Ourense, como xa é habitual, pero tamén, e como novidade, no concello ourens de Barbads.

O Teatro Principal de Ourense acolleu este martes a rolda de prensa de presentacin do festival, no que colaboran 鶹; Teatro Principal; Deputacin de Ourense; Agadic e Concello de Barbads. No acto, Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, amosou a súa confianza en que todos os atrancos derivados da pandemia “poidan ser transformados en oportunidades, oportunidades para a cidadana, para fuxir que anda que sexa un intre de todo este problema que estamos a vivir, de todo este confinamento; e oportunidades tamén para as compaas que imos recibir, para que poidan por fin amosar os seus traballos anda que sexa a un público mis reducido”. A institucin académica, indicou, mantén o patrocinio econmico deste festival pero este ano non acoller representacins no campus, xa que os espazos habitualmente empregados para este fin, indicou, teen sido habilitados para a docencia debido s necesidades especiais provocadas pola covid-19.

En nome de Sarabela Teatro, compaa que organiza o FITO, Fina Calleja destacou na rolda de prensa como “xa non estamos s no momento de asegurar que a cultura é segura senn no momento de defender que a cultura cura”, facendo fincapé en como a actual situacin tamén est a ter “consecuencias para a nosa alma”. Pola súa banda, Rosendo Fernndez, vicepresidente da Deputacin de Ourense, salientou do festival a súa “singularidade, relevancia e calidade” e recalcou como se trata dunha cita “referente” no panorama teatral galego. A súa celebracin, indicou, Olga Mojn, directora do Teatro Principal, faise coa conviccin de que “a cultura ten que seguir adiante” e de que “os espazos culturais son seguros”, lembrando as medidas hixiénicas e sanitarias que se tomarn. Compartindo este compromiso coa supervivencia da sector cultural, Marga Pérez, concelleira de Barbads, subliou como “estamos moi contentos e orgullosos de acoller parte da programacin deste FITO”.

Aposta polas compaas galegas

Segundo explican desde a organizacin do Festival Internacional de Teatro en Ourense, a actual situacin sanitaria e a necesidade de aplicar os protocolos de proteccin explican algunhas das decisins que rexeron os criterios de programacin. As, apunta, hai un reforzo na programacin de compaas galegas en número de representacins e en orzamento dedicado s mesmas. Neste apartado, sinalan como o festival acoller as estreas de cinco espectculos galegos. Estarn O premio, de La Quintana; O raro é que bailar sexa raro, de Andrea Quintana (Residencia Paraso); O diao na praia, de Matarile Teatro. No apartado de teatro de rúa o festival, o FITO acoller e producir o espectculo Confitados, da compaa ourens Arun Run, que ter lugar nas rúas de Barbads e de Ourense. A estas obras sumarase e reestrea de Poeta en Nova York, de Teatro Baixo a Area, unha coproducin co Centro Dramtico Galego. A programacin de compaas galegas completarase con “dúas compaas de traxectoria xa consolidada e cunha linguaxe propia” como son Elefante Elegante, co seu espectculo Dreaming Juliet, e Butaca Zero, con Despois das ondas. Cmara Negra estar tamén na programacin desta edicin con Se isto é un home, “unha peza que busca conmover e que recordar que o teatro segue a ser un espazo para o compromiso coa realidade que nos circunda”.

No apartado de compaas de fra de Galicia, desde Araba chega El Mono Habitado con dúas propostas “que comparten o desenfado e o sentido do humor, moi axeitadas para ser programadas en das consecutivos en Barbads”, como son Primatium e Benditas. No apartado internacional, o festival reencontrarase de novo co teatro de obxectos con Chaika, unha producin chileno-belga da man das artistas Natacha Belova e Tita Iacobelli Delpiano. Polo que respecta ao apartado de programacin de teatro na rúa, desde o FITO sinalan como se completa con Alauda e o seu Imagii Machina, unha instalacin guiada por tres actores.