DUVI

Diario da 鶹

No edificio Redeiras, organizado polo grupo GEAAT da 鶹

Un simposio reúne en Vigo aos maiores especialistas en comercio de cermicas da Antigüidade Tarda na costa atlntica

Ma venres o encontro trasladarase illa de Ons, onde se visitarn varios xacementos

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • HR
  • Աپ
  • Աپ
D. Besado DUVI 12/06/2025

Os maiores especialistas no comercio de cermicas da Antigüidade Tarda ao longo de toda a costa atlntica participan esta semana en Vigo nun simposio organizado polo grupo de Estudos de Arqueoloxa, Antigüidade e Territorio, GEAAT, da 鶹. A cita arrancou no sern deste mércores  no edifico Redeiras cun acto de apertura que contou coa participacin de Belén Rubio, vicerreitora de Աپ, Transferencia e Innovacin; José Antonio Fernndez Bouzas, director do Parque Nacional das Illas Atlnticas, con quen a Universidade colabora en tarefas de arqueoloxa desde hai cinco anos,.e Adolfo Fernndez,investigador responsable do grupo GEAAT.

Eles foron os encargados de darlle a benvida oficial a Vigo aos arredor de 25 especialistas chegados desde Reino Unido, Francia, Portugal e Espaa que participan nunha xuntanza que toma o relevo dun primeiro encontro celebrado en Newcastle en 2014. Tras a apertura tivo lugar a conferencia inaugural, para o que se contou coa participacin Paul Reynolds, investigador ICREA da Universitat de Barcelona, un dos especialistas en ceramoloxa antiga mis recoecidos, que afondou nas relacins comerciais a longa distancia entre o Atlntico e o Mediterrneo oriental. 

Un comercio que implicaba aos principais portos do Atlntico

A xornada de hoxe xoves desenvolverase de xeito ntegro no edificio Redeiras, onde se sucedern relatorios de investigadores e investigadoras do Reino Unido  (Universidades de Newcastle e Glasgow e Consello de Conservacin do Patrimonio Irlandés); Francia (INRAP e Burdeos); Portugal (Universidade Nova de Lisboa, Coimbra e Porto), e Espaa (鶹, Santiago de Compostela, Cdiz, Barcelona e CSIC). “Entre todos sumamos un importante coecemento sobre as cermicas producidas e comerciadas entre os principais portos do Atlntico, como o mesmo Vigo, Cdiz, Burdeos ou Lisboa”, explica desde o GEAAT a investigadora Alba Rodrquez Novoa, ao que engade que se conta tamén con especialistas noutros campos, tales como o estudo dos vidros, as técnicas fsico-qumicas aplicadas arqueoloxa e historia, “que axudarn a complementar a visin de conxunto sobre os séculos estudados”. 

Visita a Canexol e ao castro do Castelo dos Mouros

Ma venres a xuntanza trasladarase ao Centro de Visitantes da Illa de Ons. Pola ma desenvolveranse diferentes conferencias centradas, neste caso, no comercio tardoantigo desde outras perspectivas, inclundo as fontes escritas, os vidros e a arqueometra e, xa pola tarde, realizarase unha visita aos xacementos que o equipo escava  na illa: as factoras de salga de Canexol e o castro do Castelo dos Mouros.

Ao abeiro do proxecto Atlantrade, liderado por Adolfo Fernndez

O encontro est organizado dentro do proxecto Atlantrade: Relacins comerciais na costa atlntica durante a Antigüidade Tarda, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovacin e Universidades na convocatoria de Proxectos de Xeracin do Coecemento do ano 2022, con Adolfo Fernndez Fernndez como investigador principal.

“A reunin marca a metade do proxecto. Ata o de agora  centrmonos en estudar conxuntos materiais de Vigo que estaban inéditos”, explica Rodrguez Novoa, ao que engade que a segunda metade se destinar a publicar os resultados e interpretalos, “para o que reunins cientficas como esta, onde podemos estar en contacto con outros especialistas na materia, vai ser  clave”.

Ademais da propia organizacin do encontro, os expertos e expertas do grupo GEEAT da 鶹 participan no simposio impartindo distintos relatorios. No caso do responsable do grupo, Adolfo Fernndez, presenta hoxe xoves unha ponencia sobre o comercio tardo-romano na costa atlntica e, esta tarde, presentar xunto a Alba Rodrguez e João Veloso (Universidade Nova de Lisboa) algúns dos resultados acadados no xacemento vigués da parcela de UARC, Unidade de Actuacin Rosala de Castro.

Por outra parte, neste caso xunto a Ricardo Costeira (Universidade de Coimbra), Fernndez presentar tamén unha visin xeral do abastecemento de cermica tardoantiga no sur do reino suevo -cidades de Conimbriga e Braga-. Maa venres participar nunha mesa redonda con expertos da Universitat de Barcelona centrada nos últimos avances sobre as producins anfricas tardoantigas do occidente peninsular.