DUVI

Diario da 鶹

A facultade rendeulle homenaxe este martes coa inauguracin dunha placa e un retrato oficial

O seminario profesora Almudena Bergarache Gros mantén vivo o legado da exdecana de Ciencias Xurdicas e do Traballo

O acto contou coa participacin do viúvo da docente, profesorado, alumnado, PAS e a vicerreitora de

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Institucional
D. Besado DUVI 20/12/2022

Amiga, profesora, decana, intelectual e, sobre todo, unha persoa comprometida, comprometida, entre outras moitas causas, coa direccin e xestin académica e, mis concretamente, coa Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo, que chegou no ano 2003 e que dirixiu dende setembro do 2016 ata novembro de 2019, apenas uns meses antes do seu falecemento en febreiro de 2020. Os compaeiros e amigos da profesora Almudana Bergareche rendéronlle hoxe homenaxe e fixérono coa inauguracin dunha placa que pon o seu nome a, ata agora, Aula A209, situada na rea do decanato da facultade e a presentacin pública dun retrato oficial, realizado pola artista Pilar Alonso, que se situar no saln de graos do centro.

Foi un acto “moi emotivo”, tal e como recoeca o actual decano, o profesor Francisco Torres, que contou coa participacin de numeroso profesorado, alumnado e persoal de administracin e servizos, “cuxo labor tanto respectaba”, tal e como lembraron algúns dos asistentes, as como da vicerreitora de Comunicacin e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama; o viúvo da docente, José Mara Ordez, e a autora do cadro.

Unha placa e un retrato “en substitucin dunha ausencia”

A placa conmemorativa do Seminario profesora Almudena Bergarache Gros foi realizada polo escultor Xuxo Vzquez, afincado en Tomio e amigo persoal da docente. “É unha peza moi do gusto de Almudena e feita con moito mimo e con alma”, salientou Torres, ao que o viúvo da homenaxeada engadiu que conta, ademais, “cunha caracterstica especial, xa que est realizada coa pedra que mis lle gustaba a Almudena, o granito sudafricano”.

Moitas e moitos dos asistentes, entre eles o propio decano, admitiron que se emocionaron ao ver por primeira vez o cadro. Neste sentido Torres agradeceu o traballo da artista e tamén da familia: a súa parella José Mara e os seus fillos, Helena e Antxn, que en todo momento se amosaron colaboradores “para chegar alma da retratada”. Na súa intervencin, Pilar Alonso, artista afincada tamén en Tomio, explicou que o seu enfoque foi o de empregar o retrato “como algo que, en casos como este, debera de ser emptico, un dilogo no que eu, artista, solo teo que preguntar para que a entrevistada se amose ao público, na individualidade do ntimo, do que a diferencia, pero tamén na súa faceta pública, na que a identifica cos demais”. Alonso admitiu que este é un retrato “moi especfico, dadas as circunstancias do encargo e, como tal tenteino resolver”, apuntou a artista, ao tempo que explicou que, neste caso, se tratou dun dilogo a varias voces, pois ao non poder facelo directamente con Almudena fxoo cos seus achegados, que lle falaron dela, da súa empata, da súa intelectualidade e do seu amor polos libros. “Espero ter estado altura das mias intencins e dos meus interlocutores para darlle voz a este retrato que se converte as na substitucin dunha ausencia”, recalcou a pintora.

Doazn facultade de parte da súa biblioteca, composta por mis de 23.000 volumes

Aproveitando a celebracin deste acto a parella da profesora Bergareche Gros, José Mara Ordez, fixo pública na súa intervencin a doazn Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo de parte da “excepcional biblioteca” desta docente, composta por mis de 23.000 volumes, as como a posta en marcha dunha serie de seminarios mensuais que el mesmo se encargar de impartir e cos que dar continuidade “a unha lia de traballo común que Almudena e eu viamos levando a cabo e que se truncou coa súa morte”, subliou emocionado Ordoez, ao que engadiu que levaban “46 anos vivindo e traballando xuntos”.

O obxectivo dos seminarios, que tern unha periodicidade mensual, ser, tal e como asegurou Ordez, “recuperar o interdisciplinario na ciencia social”, salientou, ao tempo que lembrou a intensa relacin da profesora co mundo académico italiano (Turn, Npoles e Salerno). Os dous primeiros seminarios versarn sobre a socioloxa do dereito de Mar Weber, o primeiro, e, xa o segundo, sobre verdades e mentiras no sentido extramoral de Nietzsche. “Iremos traballando unha vez ao mes en sesins de seminarios abertos, e esa ser a mia humilde contribucin a este seminario”.

En relacin ao cadro o viúvo amosou “agradecemento infinito” e gabou o labor de Alonso, que se referiu como “unha real artista”, “de profunda formacin e un carcter con notas sevillanas moi especficas, algo realmente moi bonito, sobre todo se quen fala é un sevillano”. As mesmo contou anécdotas como que Almudena se refera ao traxe académico como “traxe de lagarterana e tivemos moitas discusins na familia sobre si facer ou non o retrato con este traxe”, finalmente optouse por el.