Participaron unha corentena de estudantes, sobre todo do Programa de Maiores e EMAU
A segunda edicin do Bioblitz da 鶹 identifica mis de 230 especies no campus
Acivros, toxos, violetas do monte, lagartos das silvas… realizronse 669 observacins
Carballos, acivros, toxos, violetas do monte, lagartos, abellns, bolboretas… A segunda edicin do Bioblitz da 鶹 identificou mis de 230 especies no campus. Enmarcado dentro das actividades organizadas con motivo do Da Mundial da Biodiversidade, participaron neste particular percorrido unha corentena de estudantes, sobre todo do Programa Universitario de Maiores, PUM, e do Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autnoma, EMAU, ademais de público en xeral.
Tras recibir a informacin e indicacins precisas, e guiados por colaboradoras e colaboradores da spin-off MycoGalicia Plantae, as persoas participantes dedicronse durante dúas horas a localizar, fotografar e identificar a flora e fauna do campus empregando a aplicacin iNaturalist, que permite a toma e identificacin de imaxes xeorreferenciadas.
En total, realizronse 669 observacins e rexistrronse 236 especies, entre as que abundaron, no que a flora se refire, as especies propias do bosque atlntico, tales como carballos, acivros, toxos, abeleiras, ou incluso un teixo, mis propio dun clima un pouco mis de montaa. Pola que respecta fauna, fotografronse varios lagartos das silvas, ras europeas, abellns, bolboretas propias da pennsula ibérica e, mesmo algunhas especies de eiruga, entre outros moitos animais.
“Todas as plantas son interesantes, non existen as malas herbas”
A xornada arrancou s 10.30 horas coa benvida na praza Miralles, onde o persoal de Mycogalicia, Mara Cabaleiro e Hugo Fernndez, ofreceron pautas para a exploracin. “Todas as plantas son interesantes, non existen as malas herbas”, explicaron na reunin inicial, na que tamén destacaron a importancia de non arrincar as flores nin as plantas para identificalas, evitando as perturbar o equilibrio ecolxico da zona.
A partir das 11.00 horas, as persoas participantes, organizadas en pequenos grupos ou de forma individual, percorreron diferentes zonas do campus en busca de especies para rexistrar. O reconto final das observacins realizouse s 13.00 horas no punto de encontro inicial. Tras revisar os rexistros cualificados, procedeuse entrega de premios, neste caso un grupo de estudantes e egresados/as da Facultade de Bioloxa.
Dentro do programa Ciencia de ida e volta, financiado pola FECYT
Organizado pola Unidade de Cultura Cientfica e da Innovacin (UCC+i) dentro do programa Ciencia de ida e volta e financiado coa colaboracin da Fundacin Espaola para la Ciencia y la Tecnologa (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovacin y Universidades, desde a organizacin destacaron a importancia de consolidar o Bioblitz como unha actividade fixa dentro da axenda de divulgacin cientfica da 鶹, subliando o valor do campus como espazo natural de interés para o estudo da biodiversidade. Ademais, recalcaron tamén o papel fundamental destas iniciativas para achegar a ciencia cidadana, fomentar a participacin activa na conservacin do medio ambiente e promover o respecto pola natureza.
“A boa acollida desta segunda edicin confirma o interese crecente pola ciencia cidad e a vontade da comunidade universitaria de contribur ao coecemento e preservacin do patrimonio natural”, salientaron desde a UCC.
250 persoas nas actividades do Da Mundial da Vida Silvestre
Ademais do bioblitz, a celebracin do Da Mundial da Vida Silvestre na 鶹 comprendeu outras actividades paralelas, includos varios obradoiros sobre a diversidade do solo para alumnado de centros escolares e dous roteiros cientficos interxeracionais nos campus de Ourense e Pontevedra.
Ademais destas dúas actividades nos campus de Ourense e Vigo, tamén se levaron a cabo obradoiros sobre a biodiversidade do solo en centros escolares e paseos cientficos en Ourense e Pontevedra. En total, no conxunto de actividades organizadas co gallo do Da Mundial da Vida Silvestre, participaron preto de 250 persoas, cifras que falan da boa acollida das actividades de divulgacin. “Agardamos continuar medrando e sensibilizando sobre a importancia da conservacin da biodiversidade e o papel fundamental que xoga o medio ambiente na vida das persoas”, remarcaron desde a UCC.
