DUVI

Diario da 鶹

O espazo expositivo do campus recupera a vindeira semana a súa actividade

De Sala X a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

Cunha exposicin de obras do docente e artista, falecido en 2017

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Institucional
DUVI Pontevedra 07/10/2021

Completados os traballos de renovacin dalgún dos seus elementos, a sala de exposicins do campus de Pontevedra retomar a súa actividade o vindeiro venres 15 de outubro. Mais xa non baixo a denominacin de Sala X, senn como Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, en homenaxe a este artista e profesor da Facultade de Belas Artes, falecido en 2017. O espazo abrir de novo s súas portas, de feito, coa mostra Manuel Moldes. Vieiros na memoria, unha exposicin comisariada por Sara Donoso que se detén no interese do artista pontevedrés polo debuxo e o grafismo aplicados pintura.

“Recordar o nome e a imaxe deste pintor, creador e profesor pontevedrés” é, como sinala o vicerreitor do campus, Jorge Soto, o obxectivo desta nova denominacin que, como indica, foi unha cuestin abordada co equipo decanal de Belas Artes e que se adopta a raz “dunha peticin consensuada por parte da Xunta de Facultade”. A partir de a, salienta Soto, “entramos en contacto coa familia de Manuel Moldes para intentar facer aqu unha exposicin” con obras do propio artista homenaxeado. Un proceso que, “baixo a supervisin da comisaria Sara Donoso”, deu como resultado final a mostra que poder visitarse a partires do vindeiro venres e que se detén no “interese de Manuel Moldes polo debuxo, polo grafismo, non s como disciplina autnoma, senn tamén aplicado pintura”, como sinala a súa comisaria. Manuel Moldes. Vieiros na memoria, poder visitarse entre o 15 de outubro e o 15 de decembro e recolle nese senso as obras da serie Vieiros do que fra profesor do Departamento de Debuxo da 鶹, xunto con pezas como tres debuxos realizados en 1977 e ata agora inéditos.

Novos folgos

Con motivo do cambio de nome “aproveitamos tamén para darlle unha nova cara sala, no solo, nas paredes, nas luces”, salienta Soto, que incide en que o obxectivo da Vicerreitora é tratar de “potenciar” este espazo, “traballando en equipo coa Facultade de Belas Artes”. Coa profesora Chelo Matesanz como coordinadora e xunto coa directora da Área de Dinamizacin Cultural, Educativa e Integracin do campus, Eulalia Agrelo, o obxectivo é definir unha “programacin anual de exposicins”, que contribúa a situar este espazo “dentro do que é o circuto de salas de exposicin en Pontevedra”, salienta Soto.