Desde este xoves réndelle homenaxe coa exposicin 'De pictura'
A Sala Alterarte pon o foco na faciana mis pictrica de Juan Carlos Meana
Est comisariada polo profesor da 鶹 Xosé Manuel Buxn
Desde este xoves a Sala Alterarte do campus de Ourense acolle a exposicin De pictura, con obras do artista Juan Carlos Meana (Vitoria-Gasteiz, 1964-Pontevedra, 2023) e comisariada polo profesor da 鶹 Xosé Manuel Buxn. A mostra, que pon o foco na faciana mis pictrica do homenaxeado, enmrcase no ciclo expositivo Reciprocidade, coordinado por Javier Blanco Sierra, e ser a que peche a programacin desta sala do curso académico 2023/2024.
Un ano despois do falecemento de Juan Carlos Meana, Xosé Manuel Buxn sinala que é preciso “seguir a revisar e estudar o seu importante legado e pensar naquelas producins pictricas que estn nos seus inicios como artista”. Certamente, apunta o comisario, “o groso da súa producin artstica foise expandindo a todo tipo de soportes e materiais (dende a fotografa ao vdeo, pasando polo uso de plastilina, blas do mundo, espellos, madeiras, xabns, escuadras de medir, cermicas ou mesmo bolos de pan reseso) que foron ocupando a totalidade do espazo a xeito de soporte e, daquela, esquecendo o bastidor e o lenzo e, por ende, ao Meana mis propiamente pintor”. Porén, lembra, o homenaxeado especializouse en pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade do Pas Vasco e logo foi profesor desta disciplina na 鶹 e membro tamén do seu departamento de pintura.
“A presente mostra é tan s unha primeira investigacin (necesariamente sinxela por mor da escala do propio espazo) nese Meana orixinario e primordial que a finais dos anos 80 e principios dos 90 do século XX estaba moi en contacto cos intereses e os xeitos de facer na pintura espaola e internacional e que con trazo vigoroso e mestura de materiais intervia sobre lenzos, papeis e tboas”, afirma Buxn. En total son seis as obras de grandes dimensins expostas e nas que, comenta o comisario da mostra, “agroman a cada paso as brasas anda vibrantes e acesas da luz de Juan Carlos Meana, do seu ollar”.
