DUVI

Diario da 鶹

Os artistas Xabier e Jorge Varela expoen ‘A familia e outras aves’

A Sala Alterarte arranca o curso con nova mostra e novo proxecto expositivo

‘Mutacins inestables’ é o ttulo elixido para a súa programacin 2025/2026

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 19/09/2025

A Sala Alterarte, o espazo de arte do campus de Ourense, arranca a súa programacin deste curso académico e faino poendo en marcha un novo proxecto expositivo, Mutacins inestables, que ser o paraugas que dea acubillo s diferentes propostas que ao longo deste 2025/2026 ocupen os seus muros. A primeira delas é a mostra A familia e outras aves, dos ourensns e irms Xabier Varela e Jorge Varela, que foi inaugurada este xoves por Francisco Javier Rodrguez, vicerreitor do campus de Ourense; Javier Blanco, coordinador da Sala Alterarte, e os artistas protagonistas. 

A familia e outras aves parte da infancia dos artistas protagonistas e da presenza nela destes animais, desde a súa “primeira mascota”, un pato, ata os paxaros da súa contorna, como os cucos, co seu “sinistro e discreto canto”, as lavandeiras, en branco e negro, e os pardais, “que na primavera, primeira hora da ma, nos espertaban cun multitudinario rechoucho e, anda que non coeciamos a linguaxe dos paxaros (a bubela non nolo ensinou), entendiamos que tiamos que levantarnos e que aquel trilo dirixase a ns”. Cando estes paxaros presentes na infancia “xa case todos se foron”, comentan os artistas, “agora pensmolos e representmolos” nesta mostra, facendo cada irmn un achegamento desde perspectivas artsticas diferentes, Jorge con esculturas e Xabier con pintura. Como parte desta exposicin, os artistas tamén quixeron amosar nela obras de creadores que forman parte da súa coleccin familiar e que representan aves ou poden relacionarse con elas, podendo verse na Sala Alterarte pezas de Virxilio, Conde Corbal, Varela Guillot (pai deles), Laxeiro, Acisclo Manzano e Elena Lavern.

Arte, pensamento e imaxe

Con esta proposta comeza a desenvolverse en Alterarte o ciclo expositivo Mutacins inestables (Mesturar disciplinas-romper categoras), coordinado por Javier Blanco Sierra, profesor da 鶹. Nesta proposta, comenta o seu responsable, “a arte convértese nun territorio de indeterminacin onde a identidade, o corpo e a tecnoloxa do artista se entrelazan nun estado de constante devir”. As exposicins que abarcar, engade, non buscan representar un mbito pechado, senn expoer o proceso mesmo da transformacin, instalacins, pintura, escultura e calquera tipo de técnica, estilo, tema, sempre que propoan unha estética propia que fuxa do estereotipo cultural establecido, capaz de desafiar a linguaxe dominante e abrir espazo a novas maneiras de pensar e de dicir. No terreo artstico contemporneo, sublia Javier Blanco, “valrase a innovacin e a polémica; sempre nos atrae a rica diversidade das artes, nelas a miúdo as imaxes mis estraas, chocantes e crúas, son consideradas como xeniais”. 

Este ciclo, comenta o seu responsable, pretende convidar a participar a especialistas da crtica, a creacin e a historia da arte. “En consecuencia, sen deixar de apreciar o valor estético, a obra de arte enténdese como un artefacto cultural, habitando zonas de ambigüidade radical. As, o ciclo reúne arte, pensamento e imaxe. Trtase, en fin, dunha invitacin para exercitar unha interpretacin (por parte do creador e do espectador) mis dilatada e xenerosa, que quizais poida servir para ampliar as nosas perspectivas sobre a arte (e mesmo a vida, se é que se trata de algo diferente). E pretende propor discursos, propios e de contidos moi diferentes”.

A exposicin, comisariada polo propio Jorge Varela, pode visitarse de balde no pavilln I do campus ata o 6 de novembro, seguindo o horario de apertura académico.