DUVI

Diario da 鶹

A exposicin viuse interrompida en marzo pola pandemia

A Sala Alterarte brese de novo ao público dando continuidade mostra 'Todxs somos únicxs'

Pode visitarse ata o 23 de outubro

Tags
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Rosa Tedn DUVI Ourense 10/09/2020

Co inminente inicio do novo curso académico 2020/2021, a Sala Alterarte do campus de Ourense volve a abrir as súas portas ao público, tanto membros da comunidade universitaria como cidadana en xeral. Faino dando continuidade exposicin Todxs somos únicxs, realizada pola artista Mnica Alonso e comisariada por Miguel Anxo Rodrguez. A mostra, inaugurada o pasado 6 de marzo neste espazo expositivo, viuse suspendida semana da súa estrea pola declaracin da pandemia e agora regresa aos muros de Alterarte.

“Como a exposicin s estivo aberta ao público unha semana, entn decidimos reabrila agora, nas mesmas condicins, ata o venres 23 de outubro. Retomamos a programacin cultural e nada mellor que empezar neste mes de setembro ofertndolle cidadana unha exposicin de arte coma esta”, comenta Filemn Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense. 

A percepcin cromtica do alumnado

A exposicin é o resultado dunha investigacin desenvolvida pola creadora sobre a percepcin cromtica do alumnado do campus de Ourense. A artista, que leva moitos anos traballando na percepcin espacial e cromtica en distintos grupos culturais e sociais, buscou neste proxecto relacionar conceptos con cores e establecer as cales son as cores coas que identifican as e os estudantes unha serie de ideas, como felicidade, infelicidade, amor, odio, saúde, enfermidade, éxito, fracaso ou dieiro. 

Para obter esta informacin, Mnica Alonso deseou un cuestionario especfico que trasladou a alumnado do campus coa colaboracin de varios profesores e profesoras. Nel, ademais de cuestins relacionadas coa percepcin cromtica peda ao alumnado que se definise a si mesmo e que describise o seu "cuarto de estudante". O cuestionario aplicouse a 191 estudantes de grao (84 mulleres e 107 homes), elixidos aleatoriamente nas titulacins de Xeografa e Historia, Educacin Primaria, Administracin e Direccin de Empresas, Enxeara Aeroespacial, Enxeara Informtica e Ciencias Ambientais. O cuestionario inclua tamén a opcin de seguir a traballar coa creadora a través do correo electrnico, opcin que escolleron 28 alumnos e alumnas, cos que a creadora, licenciada en Belas Artes pola 鶹, contactou, respondendo afirmativamente un total de 21. A artista fixo unha interpretacin dos 21 cuestionarios, que responderon once deles, que foron os que completaron o proxecto. As obras que forman parte desta exposicin son a interpretacin do cuestionario. 

Entre as cinco pezas que compoen Todxs somos únicxs est a listaxe de respostas do alumnado pregunta de en que cren que son únicos. Tamén inclúe unha serie de 40 debuxos feitos por Mnica Alonso a partir da descricin que fan as e os estudantes no cuestionario de como é o seu cuarto de estudo. Outra peza que recolle a exposicin é un panel coa cor cZ12, o Pantone 307 C, que a artista considerou que era a cor “mis preferida” polo alumnado unha vez feito o proxecto e outra que ofrece varias interpretacins cromticas froito da interaccin co alumnado. Tres cadernos expostos na mostra recollen toda a documentacin do proxecto.