DUVI

Diario da 鶹

O xadrecista do EXP-鶹 rematou décimo na competicin do grupo europeo

Rubén Fernndez queda s portas da fase final do Campionato do Mundo sub16

Mantivo opcins de clasificarse ata a sétima e última rolda

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 11/12/2020

A promesa do Escola Xadrez Pontevedra-鶹 Rubén Fernndez non poder repetir no Campionato do Mundo sub16 o fito que acadara o pasado ano na categora sub14, cando se converteu no primeiro xadrecista galego en acadar unha medalla nun campionato mundial. Ao longo desta semana desenvolvéronse, de xeito virtual, as fases previas dos Campionatos do Mundo sub10 a sub18, na que o deportista do club universitario, que mantivo opcins ata última ronda, rematou no décimo posto no grupo europeo.

Fernndez comezou a competicin cunha derrota fronte ao mestre FIDE Stefan Tadicque limitaba en gran medida as súas opcins de rematar entre os tres primeiros do grupo continental e obter as o pase fase final. Mais, o xadrecista repúxose do traspé inicial e nas seguintes catro roldas foi quen de superar aos todos os seus rivais, entre os que se atopaban algúns dos “a priori favoritos”, como os mestres internacionais Isik Can, de Turqua, o francés Mahel Boyer ou o acerbaixano Ahmad Ahmadzada, como salientan desde o EXP-鶹.

Na sexta rolda, Fernndez empatou co mestre alemn Gideon Koelner, o que lle permita manter opcins de clasificarse na derradeira partida, na que unha vitoria diante do tamén xermano Frederik Svane daralle o pase loita polas medallas. Rubén Fernndez, relatan desde o club pontevedrés, afrontou a partida coa “agresiva defensa siciliana, coa que acadoua unha vantaxe decisiva”, mais dúas “imprecisins” do xogador do EXP-鶹 no treito final sumadas ao “aguante” do xadrecista alemn “levan ao xogo a un equilibrio técnico”. Sabedor de que unhas tboas non lle daban o pase seguinte rolda, Fernndez arriscou nos últimos movementos e acabou caendo derrotado, o que lle levou a pechar a súa participacin como décimo clasificado do seu grupo, sendo ademais o mellor deportista espaolclasificado nas cinco categoras que competiron desta fase previa deste Campionato do Mundo sub10 a sub18.